menú

AXN estrea ‘Mentes Criminales: Sin Fronteras’

07/04/2016
Blog R

O mércores 13 de abril AXN (dial 21) estrea o spin off máis esperado dunha das series máis vistas: ‘Mentes Criminales: Sin Fronteras’. Ás 22:15 h.

O gañador dun Emmy, Gary Sinise (‘CSI NY’) é o protagonista deste drama sobre a división internacional especializada do FBI, encargada da resolución de crimes e que acode ao rescate dos estadounidenses que se atopan en perigo no estranxeiro.

Á fronte da Unidade de Resposta Internacional estará o Xefe de Unidade Jack Garrett, un veterano que leva 20 anos na Oficina. O seu equipo inclúe a Clara Seger, unha antropóloga intelixente, viaxada e que manexa varios idiomas; Matthew Simmons, un antigo heroe militar con habilidades de recoñecemento de perfís en décimas de segundo, que perfeccionou no campo de batalla; Russ ‘Monty’ Montgomery, o comprensivo analista da unidade, brillante tecnoloxicamente, que ademais serve de ligazón en Estados Unidos coas familias das persoas en problemas, mentres que o grupo está lonxe da casa; e Mae Jarvis, a médico forense do equipo.

Estes axentes excepcionais dedícanse a poñer a salvo os compatriotas en perigo que están lonxe de casa a través da procura de perfís e a identificación dos delincuentes máis aló das fronteiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios