menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

AXN estrea ‘iZombie’

18/05/2016
Blog R

O luns 23 de maio, ás 23:10h, AXN (dial 21) estrea en dobre episodio a adaptación televisiva do cómic ‘iZombie’, de DC.

A protagonista é Rose McIver (‘Masters of Sex’, ‘Érase una vez’), que interpreta a Olivia ‘Liv’ Moore, unha estudante de medicina no camiño cara a unha vida perfecta… ata que se converte en zombi.

Agora, atrapada entre a vida dos vivos e dos mortos, Liv ingresará de mala gana no depósito de cadáveres do forense para poder acceder á única cousa que lle permite manter a súa humanidade: os cerebros humanos.

Con todo, hai efectos secundarios na nova dieta de Liv. Con cada cerebro que consome, experimenta escintileos de recordos do cadáver, incluíndo pistas sobre a forma na que morreron.

O seu xefe, brillante e excéntrico, anímaa a abrazar este don e a traballar cunha detective de homicidios con ganas de axudar a resolver estes asasinatos.

A historia creada por Chris Roberson e Mike Allred en forma de cómic baixo o mesmo título, ‘iiZombie’, chega a AXN da man dos produtores executivos de ‘Veronica Mars’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 comentarios

  1. paco di:

    Yo la he visto en Netflix y me ha encantado. Como un niño pequeño estoy para que empiece la segunda temporada.