menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘Asesinato en primer grado’ volve a TNT

22/08/2016
Blog R

TNT (dial 22) trasládanos de novo ao corazón da investigación dun complexo caso de asasinato coa estrea da terceira tempada de ‘Asesinato en primer grado’ o mércores 31 de agosto ás 22:30 h.

Creada por Steven Bochco e Eric Lodal, a serie céntrase nun par de detectives de San Francisco, interpretados por Taye Diggs (Private Practice) e Kathleen Robertson (Boss), que investigan sen descanso os crimes que manteñen en tensión á cidade.

Nesta terceira entrega, os detectives métense de cheo no mundo do deporte e as celebridades cando un xogador de fútbol é asasinado. Ao tempo que a investigación se volve máis complexa, os inspectores enfróntanse aos seus propios problemas persoais, o que agrava a presión. Mentres tanto, o fiscal da
cidade trata de manterse no seu posto despois de que unha desafortunada traxedia poña en perigo o seu estilo de vida.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*