menú
David Duchovny

As mil caras de David Duchovny

03/05/2016
Blog R

O actor David Duchovny métese na pel do detective Sam Hodiak na súa nova interpretación para televisión. O seu obxectivo é Charles Manson na serie ‘Aquarius’, que podes ver en Calle 13 (dial 23), todos os xoves ás 23:15h. Lonxe de encasillarse no seu papel de Fox Mulder en ‘Expediente X’, cuxa T10 acabamos de ver en FOX (dial 20), o actor arriscou sempre por personaxes no límite do politicamente correcto. Por se iso fose pouco, Mulder (ui, quero dicir Duchovny), acaba de publicar un libro e un disco. Para coñecelo un pouco mellor, repasamos a vida e excesos do actor tantos bos momentos fíxonos pasar freten á pequena pantalla.

Ía para literato pero tentoulle a interpretación, aínda que a escritura nunca abandonou do todo a súa carreira. Non sabemos se o seu papel de afamado novelista en ‘Californication’ o impulsou a dar o salto para escribir o seu propio libro ‘Holy cow’, que acaba de publicar.

Os seus primeiros traballos pasaron desapercibidos, pero por sorte para nós existe YouTube  e podemos recuperar este anuncio que fixo para a lotería:

 


Seguíronlle papeis de segunda en películas de serie B ata que un golpe de sorte fixo que empezase a ser un secundario coñecido na industria do cinema por películas como ‘Kalifornia’ (xunto a Brad Pitt e Juliette Lewis) ou ‘Beethoven’.

A ninguén lle pasou desapercibida a súa aparición na serie de culto ‘Twin Peaks’ dando vida a un axente travesti da DEA. E cousas da vida, 26 anos despois, David Lynch volverá contar con Duchovny para repetir o seu papel de Denise Bryson na nova entrega que verá a luz no 2017.

David Duchovny Twin Peaks
Fonte do gif

Pero sen dúbida, o papel da súa vida deullo o axente Fox Mulder na aclamada ‘Expediente X’. De 1993 a 2002, Mulder tratou de convencernos, xunto á escéptica Dana Scully, de que “a verdade está aí fóra”. Teorías conspiratorias, fenómenos paranormais, avistamentos de ovnis… deixaban pegados á pantalla do televisor a millóns de seguidores. Déstesvos conta de que se separamos o apelido do actor, atopamos a palabra (Duch) ovny? Inquietante, amigos do misterio! Que conste, que non cre na vida extraterrestre. ‘Expediente X’ atesoura no seu haber nada menos que 141 nomeamentos de premios, un éxito abafante.

 


Despois de deixar atrás o máis aló, Duchovny cambiou totalmente de rexistro na serie ‘Californication’, que tamén produciu entre 2007 e 2014. O actor interpreta a un escritor en horas baixas, adicto ao sexo, que trata de recuperar á súa muller. Moitos ven no escritor Hank Moody o alter ego de Duchovny, en parte pola súa adición ao sexo que provocou non poucas crises coa súa parella, a tamén actriz Téa Leoni, da que acabou divorciado en 2014. E outro detalle inquietante, Moody fuma a mesma marca de cigarros que ‘o Fumador’ de ‘Expediente X’. Curiosidades aparte, Duchovny conseguiu o seu segundo Globo de Ouro pola súa interpretación deste Bukowski televisivo, o primeiro levouno en 1996 con ‘Expediente X’.

David Duchovny Californication
Fonte do gif

Aos seus 55 anos, Duchovny acaba de emprender dous proxectos persoais totalmente diferentes: a publicación do seu primeiro disco ‘Hell or Highwater’ e o seu debut literario con ‘Holy cow’, un conto cargado de humor intelixente e ironía.

Que vos parece como cantante?:


Non o esquezades, se queredes máis Duchovny, cada xoves ás 23:15h. tedes unha cita en Calle 13 (dial 23) coa serie ‘Aquarius’.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios