menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

AMC estrea a terceira tempada de ‘Halt and Catch Fire’

28/11/2016
Blog R

O venres 2 de decembro, ás 22:10 h, chega a AMC (dial 2) a nova tempada de ‘Halt and Catch Fire’.

A loita tecnolóxica que revolucionou a industria do computador persoal na década dos oitenta é a liña argumental desta serie de gran calidade nos seus guións e na súa factura. Conta en varios episodios coa dirección do laureado Juan José Campanella.

Uns brillantes Lee Pace, Mackenzie Davis, Scoot McNairy e Kerry Bishé son os encargados de dar vida a Joe, Cameron, Gordon e Donna, os protagonistas de ‘Halt & Catch Fire’.

É a serie con selo AMC máis ambiciosa e recoñecida pola crítica dende a estrea da multipremiada ‘Mad Men’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*