menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

AMC estrea ‘El Infiltrado’

19/02/2016
Blog R

‘El Infiltrado’ consta de 8 episodios e é unha adaptación do best-seller do novelista John le Carré. Estréase en AMC (dial 2) o mércores 24 de febreiro ás 22:10 h.

Mostra as peripecias do ex soldado inglés Jonathan Pine que, tras incorporarse ao servizo de intelixencia británico, debe infiltrarse no círculo de confianza do perigoso traficante de armas Richard Onslow Roper. Por mor disto, Pine deberá converterse en todo un criminal.

A nova serie está protagonizada por Hugh Laurie (‘House’) e Tom Hiddleston (‘Los Vengadores’, ‘Medianoche en París’) e conta coa participación dos actores españois Antonio de la Torre (‘La Isla Mínima’) e Marta Torné (‘El Internado’). A directora é Susanne Bier, gañadora dun Premio Óscar (‘En un mundo mejor’).

É a primeira adaptación á televisión dunha novela de John le Carré en 20 anos. Publicada en 1993, é unha das obras do escritor mellor acollidas pola crítica e o público. Nesta produción sobre espionaxe e crime organizado, o amor, a perda e a vinganza son os compoñentes principais.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios