menú

Alien, protagonista en Syfy

03/06/2016
Blog R

Syfy (dial 27) reúne as catro películas principais da saga Alien nun especial todos os sábados do mes de xuño, ás 22:00h.

Desde que en 1.979 Ridley Scott dese vida á tenente Ripley (interpretada por Sigourney Weaver) e á criatura Alien, esta historia de ciencia ficción e terror gañou un oco entre as sagas máis populares que deu Hollywood. Durante as pasadas décadas, foron varios os directores e actores de recoñecido prestixio que asinaron as distintas entregas da saga, e xa se anunciou unha nova película para 2017, ‘Alien: Covenant’.

Axenda ciclo Alien en Syfy:

Sábado 4 xuño: ‘Alien, el octavo pasajero’ (1979). Dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Tom Skerrit, Sigourney Weaver e John Hurt.

Sábado 11 xuño: ‘Aliens, el regreso’ (1986). Dirixida por James Cameron e protagonizada por Sigourney Weaver, Michael Biehn, Carrie Henn.

Sábado 18 xuño: ‘Alien 3’ (1992). Dirixida por David Fincher e protagonizada por Sigourney Weaver, Charles S. Dutton, Charles Dance.

Sábado 25 xuño: ‘Alien Resurrección’ (1992). Dirixida por Jean-Pierre Jeunet e protagonizada por Sigourney Weaver, Winona Ryder, Dominique Pinon.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios