menú

Alicia Florrick despídese en FOX Life

05/05/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) emite en primicia o final de ‘The Good Wife’ o xoves 12 de maio ás 21:40 h.

Disque cando Julianna Margulies leu o guión do último episodio de ‘The Good Wife’ quedou sen palabras. Durante un encontro recente no Festival de Tribeca, a actriz recoñeceu que tivo que lelo catro veces, xunto á súa habitual copa de viño, antes de poder responder aos creadores da serie Robert e Michelle King, que estaban a desexar saber a súa opinión. A actriz afirmou que lle pareceu sinxelamente ‘brillante’ e que a invadiron unha chea de emocións cando terminou a lectura.

Despois de sete tempadas nas que se converteu en moito máis que unha serie de avogados, ‘The Good Wife’ despídese para sempre. Chegou o momento de dicir adeus a personaxes como Alicia Florrick (Julianna Margulies), Peter Florrick (Chris Noth), Eli Gold (Alan Cumming), Cary Agos (Matt Czuchry) e Diane Lockhart (Christine Baranski), entre outros.

Creada por Robert e Michelle King, parella de guionistas que tamén o son na vida real, ‘The Good Wife’ presentouse como unha serie sobre políticos que enganan ás súas mulleres, pasou brevemente polo estigma de ser ‘outra serie de avogados’ e rapidamente demostrou o seu verdadeiro ser: a mellor produción dramática da actualidade.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios