menú

Alberto Ammann en ‘Marte’, a nova serie de National Geographic Channel

08/11/2016
Blog R

National Geographic Channel (dial 50) estrea ‘Marte’ en España o domingo 13 de novembro ás 19:30 h, un día antes da súa primeira exhibición estadounidense.

O actor hispano arxentino Alberto Ammann (‘Celda 211’) forma parte do elenco da serie, unha gran superprodución na que ao longo de seis episodios conviven o documental e a ficción para facer realidade unha misión tripulada ao Planeta Vermello.

Producida por dous grandes veteranos de Hollywood, o produtor e director Ron Howard e o produtor Brian Glazer, que xa uniron as súas sinaturas o ano pasado en ‘Breakthrough’, a serie ofrece unha nova alternativa á narración televisiva. O relato pon o punto de mira no presente e no futuro cunha combinación innovadora do mellor drama de ficción con efectos especiais propios do cine e o documental de alta calidade narrativa e visual.

A medida que a ficción avanza, a serie intercala a historia coa parte documental, centrada nas investigacións reais postas xa en marcha para enviar unha nave tripulada ao Planeta Rojo. Da man de astrofísicos de prestixio internacional, como Neil deGrasse Tyson, científicos da NASA implicados nos programas de misións espaciais, astronautas, profesores universitarios, membros do museo aeronáutico de Washington DC e personalidades como Ann Druyan, impulsora da nova versión de ‘Cosmos’, a serie dá a coñecer informacións sobre os proxectos presentes e futuros que poderían facer realidade o soño de mandar unha nave tripulada a Marte en torno ao ano 2033.

Alberto Ammann dá vida a Javier Delgado, un hidrólogo e xeoquímico español que forma parte desa tripulación pioneira formada por un grupo de científicos de distintas nacionalidades encarnados por un elenco internacional entre os que atopamos a Ben Cotton (‘Las crónicas de Riddic), Clementine Poidatz (‘Maria Antonieta’), Sammi Rotibi (‘Django desencadenado’) e Anamaria Marinca (‘4 meses, 3 semanas, 2 días’) e á cantante coreana Jihae, que se estrea como actriz.

Completan o elenco os actores que interpretan aos científicos responsables do seguimento da misión dende a Terra: Olivier Martínez (‘Infiel’), Cosima Shaw (‘La chica danesa’) e John Light (‘Albert Nobbs’), todos dirixidos polo cineasta mexicano Everardo Gout (‘Días de gracia’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios