menú

‘Aftermath’, a nova serie ‘apocalíptica’ de Syfy

04/01/2017
Blog R

Unha familia contra o fin do mundo. Syfy (dial 27) estrea o mércores 11 de xaneiro ás 22:00 h a serie ‘Aftermath’, na que un matrimonio e os seus tres fillos adolescentes deben enfrontarse á Apocalipse. Pero só poderán sobrevivir se se manteñen unidos.

Mentres o mundo que coñecen chega ao seu fin, a familia Copeland terá que facer fronte a terribles criaturas sobrenaturais e desastres sen precedentes, incluíndo enormes tormentas, terremotos, impactos de meteoritos, pragas e o rápido declive da civilización. A familia non só terá que sobrevivir ao fin do mundo… senón tamén tratar de previlo.

A parella protagonista de ‘Aftermath’ está interpretada por Anne Heche (‘Seis días y siete noches’), que interpreta á expiloto Karen Copeland; e James Tupper (‘Revenge’), na pel de Joshua Copeland, profesor de Antropoloxía. Os seus tres fillos están interpretados por novas promesas da televisión: Levi Meaden (‘The Killing’) como Matt Copeland; Taylor Hickson (‘Deadpool’) e Julia Sarah Stone (‘The Killing’) como las mellizas Brianna y Dana.

Os dous primeiros episodios están dirixidos por Jason Stone (‘Juerga hasta el fin’), quen tamén produce a serie xunto cos seus creadores, William Laurin (‘The Listener’) e Glenn Davis (‘Missing’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*