menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

A&E estrea ‘Entrenamiento extremo’

04/05/2016
Blog R

‘Entrenamiento extremo’ é a nova aposta de A&E (dial 53) para a noite dos mércores ás 22:50 h. Dende o mércores 11 de maio, dez adestradores persoais comerán o que o estadounidense obeso medio consome e deixarán por completo de facer exercicio.

Á hora de perder peso é fácil para os adestradores persoais falar pero, que pasa cando teñen que dar exemplo?

Cada adestrador sorprenderá a un cliente con sobrepeso e empezarán xuntos un programa de adelgazamento durante catro meses.

Pasado ese tempo de intensa actividade física, revelarán o seu novo peso. Poderá o adestrador perder os quilos que gañou? Servirá de inspiración ao seu cliente e compañeiro neste desafío?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios