menú

A verdade segue aí fóra, chega a nova ‘Expediente X’

19/01/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea en primicia en España a nova entrega de ‘Expediente X’ o martes 26 de xaneiro, todo un evento televisivo composto por seis episodios. O primeiro episodio emítese ás 22.20 horas e o segundo ás 23.00 horas.

O primeiro episodio de ‘Expediente X’ estreouse en setembro de 1993 e converteuse nunha das series favoritas para os amantes da ciencia ficción.

Pouco despois, consolidouse como un éxito masivo e acaba converténdose nunha das series dramáticas con máis éxito da historia da televisión. Foi recoñecida polo público e pola crítica con 16 Emmy, cinco Globos de Ouro e un Premio Peabody, entre outros. Varios destes galardóns foron para os seus actores, David Duchovny e Gillian Anderson, que interpretaban os axentes do FBI, Fox Mulder e Dana Scully, ambos especializados en casos sen aparente explicación e cuxa única resposta implicaba sempre un fenómeno paranormal.

Máis de 20 anos despois da súa estrea, ‘Expediente X’ volve con 6 novos episodios. Chris Carter volveu contar con algúns dos protagonistas orixinais, como David Duchovny, Gillian Anderson e Mitch Pileggy, que recuperan os seus personaxes nesta nova quenda de capítulos que reviven a franquía.

O primeiro episodio sitúase 7 anos despois da última vez que vimos xuntos a Mulder (David Duchovny) e Scully (Gillian Anderson). As súas vidas separáronse de maneira radical e ambos os dous mantéñense á marxe do FBI. Mulder vive unha solitaria depresión xa que non logrou superar a desaparición da unidade dos Expediente X, mentres Scully traballa nun hospital. Todo cambia despois dunha chamada do seu antigo xefe, Walter Skinner (Mitch Pileggi) que os unirá de novo.

Os dous terán que investigar as denuncias dun presentador de éxito chamado Ted O’Malley (Joel McHale, ‘Ted’), un caso que os levará ata a misteriosa Sveta (Annet Mahendru, ‘The Americans’), que asegura ter sido abducida por extraterrestres en varias ocasións.

Chris Carter escribiu e dirixiu tres dos novos episodios, e o resto deixounos en mans dalgúns dos guionistas e directores orixinais da serie como James Wong, Glen Morgan e Darin Morgan, entre outros.

O elenco volve estar encabezado por David Duchovny (‘Californication’), que gañou un Globo de Ouro como Mellor Actor nunha serie dramática por interpretar ao axente Mulder; e Gillian Anderson (‘Hannibal’), que se deu a coñecer ao gran público grazas a Scully. Outro dos actores orixinais que confirmou a súa participación é Mitch Pileggi (‘Instinto básico’), que volverá meterse na pel de Walter Skinner.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 comentarios

  1. Binacs di:

    Esperada como agua de mayo por una gran cantidad de espectadores pues los actores productores y guionistas alcanzaron el maximo hasta ahora.
    -Por otro lado felicitar al canal Calle13 por la magistral serie “Elementary”.

  2. Martin di:

    Esta serie no estará disponible en el servicio rebobina???