menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

A segunda tempada de ‘Blindspot’ chega a AXN

21/09/2016
Blog R

O xoves 29 de setembro, ás 22:15h, AXN (dial 21) estrea a segunda tempada de ‘Blindspot’, o thriller de acción protagonizado polo curtido axente do FBI Kurt Weller (Sullivan Stapleton), quen se meteu nunha complexa conspiración dende o momento no que Jane Doe (Jaimie Alexander) aparece espida e sen memoria na metade de Times Square con misteriosas tatuaxes por todo o corpo, incluíndo unha co nome do axente Weller.

O foco desta gran incógnita é a relación entre Weller e Jane Doe. Cada día que pasa, Jane descobre unha nova habilidade escondida sen entender a súa orixe, mentres deixamos a Weller cada vez máis encerrado nos seus problemas.

No impactante final da primeira tempada, un bebé abandonado foi atopado cunha tatuaxe idéntica a unha de Jane, polo que o equipo non para ata reconstruír a súa identidade.

Mentres tanto, os nosos dous protagonistas están a esforzarse por forxar unha conexión, pero é agora cando se dan conta do punto cego que os ameaza perigosamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios