menú

A realidade virtual de ‘Halcyon’ chega a Syfy

15/09/2016
Blog R

Syfy (dial 27) mergúllase na realidade virtual coa nova serie ‘Halcyon’, que se estrea o xoves 22 de setembro ás 22:50 h.

Ambientada no ano 2040, a serie céntrase en Blake Creighton (Michael Therriault), o CEO da compañía líder en VR: Halcyon. A tecnoloxía de Halcyon evolucionou de tal xeito que xa non necesitan os dispositivos actuais, senón que permite aos seus clientes acceder ao mundo virtual a través de implantes neurolóxicos que alteran os seus sentidos e os mergullan nunha realidade paralela. A morte de Creighton, previsiblemente asasinado, pon en marcha a investigación da detective Jules Dover (Lisa Marcos) e a súa compañeira Asha (Harveen Sandhu), cuxa primeira hipótese apunta a que se trata do primeiro crime virtual da historia.

Esta innovadora produción de 15 episodios combina episodios convencionais con outros de realidade virtual. Creada e producida por Secret Location, un estudo especializado en novos formatos, ‘Halcyon’ recolleu tanto premios Emmy como Leóns no Festival de Cannes.

Benjamin Arfmann (‘Random Stop’) é o director dunha serie cuxa trama combina ciencia ficción e drama policial en 10 capítulos que se estrean tanto na canle lineal como en syfy.es e outros 5 dispoñibles exclusivamente nas plataformas de VR. Para os espectadores dos episodios convencionais que non queiran perderse nin un matiz da historia, syfy.es pon á súa disposición pequenos resumos de cada un deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios