menú

A Final Four da Copa da UEFA en Eurosport 2

21/04/2016
Blog R

Eurosport 2 (dial 71) emite a Final Four da Copa da UEFA de fútbol sala dende o o venres 22 de abril ás 22:45 h.

A competición dispútase no Palacio Multiusos Aguas Vivas de Guadalajara e nela enfróntanse Inter Movistar, Ugra Yugorsk, Benfica e Pescara.

O Inter Movistar, máximo gañador desta competición con tres títulos, mídese en semifinais ao Pescara. O equipo español non gaña o título dende a tempada 2008/2009, cando derrotou na final ao MFK Viz-Sinara. Agora busca ante o seu público un oco na gran final que lle permita loitar por coroarse campión
continental por 4 vez.

Antes deste encontro, Eurosport 2 tamén ofrece a outra semifinal, partido no que se ven as caras rusos e portugueses. O Benfica, campión da UEFA Futsal Cup en 2010, xoga cun dos debutantes na fase final, o Ugra Yugorsk.

Tras as semifinais, a canle emite o domingo en directo o partido polo terceiro posto e a final do torneo.

Miguel Ángel Méndez estará á fronte das narracións e Gustavo Mañana acompáñao na análise.

Axenda:

Venres, 22 de abril, 17:30-19:00: Semifinais Ugra Yugorsk (Rusia) – Benfica (Portugal)

Venres, 22 de abril, 22:45-23:45: Semifinais Pescara (Italia) – Inter FS (España)

Domingo, 24 de abril, 18:00-19:30: Terceiro posto

Domingo, 24 de abril, 20:30-22:00: Final

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios