menú

A cuarta temporada de ‘The Americans’ chega a FOX Life

21/03/2016
Blog R

Os novos episodios desta serie de espías, protagonizada por Keri Russell e Matthew Rhys, trasládanse a FOX Life (dial 28). A estrea da cuarta tempada será o martes 29 de marzo ás 21:40 h.

A última vez que vimos a Elizabeth e Philip Jennings atravesaban un dos momentos máis difíciles da súa vida. Ao final da terceira entrega de ‘The Americans’, esta parella de espías confesáronlle a súa identidade á súa filla Paige (Holly Taylor, ‘Worst Friends’), que podería revelar este segredo en calquera momento poñendo en perigo a vida dos seus pais. Na nova tempada, a parella terá que antepoñer as súas obrigacións laborais ao seu corazón se queren manter a súa familia protexida.

Outro perigo que se cerne sobre os Jennings é Martha (Alison Wright, ‘Confirmation’), esa valiosa secretaría do FBI coa que se casou de incógnito Philip e que durante moito tempo foi unha das súas principais fontes de información sen sabelo. Agora, Martha está a piques de ser descuberta e Philip terá que tomar decisións moi difíciles para mantela a salvo.

O axente Stan Beeman (Noah Emmerich, ‘El show de Truman’) tamén se converteu nunha ameaza crecente xa que empezou a investigar a Martha polo seu estraño comportamento e, por se isto fose pouco, cada vez está máis presente na casa dos Jennings, onde se refuxiou despois de que a súa relación amorosa con Nina (Annet Mahendru, ‘Expendiente X’) terminase de forma radical cando ela foi obrigada a saír do país.

Ademais, o axente Beeman cultivou a súa relación co oficial da KGB Oleg Burov (Costa Ronin, ‘Red dog’), algo do que non é consciente o Director do KGB Arkady Ivanovich (Lev Gorn, ‘Keane’).’

Escollida como unha das 10 mellores series da televisión actual segundo a listaxe confeccionada polo American Film Institute (AFI), ‘The Americans’ recupera o ton do mellor cine de espías para meternos de cheo nos 80, os últimos anos da Guerra Fría, cunha proposta moi orixinal: esta vez os protagonistas son axentes encubertos do KGB, instalados en Estados Unidos baixo a tapadeira dunha familia convencional americana.

Unha das grandes bazas da serie é o seu creador, Joseph Weisberg, un guionista xa veterano con títulos ás súas costas como ‘Falling Skies’ ou ‘Daños y perjuicios’, que ademais foi axente da CIA na súa mocidade, precisamente na mesma época na que transcorre ‘The Americans’, e se inspirou nesta experiencia para poñer en marcha esta produción.

O elenco segue encabezado por Keri Russell, que se deu a coñecer grazas á serie ‘Felicity’. A actriz interveu tamén en películas como ‘Misión imposible III’ ou ‘El amanecer del Planeta de los simios’. E o outro protagonista principal é o británico Matthew Rhys, coñecido por interpretar a Kevin, o avogado gai de ‘Cinco hermanos’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios