menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘A cuadros’, un verán coa serie de produción propia de Canal Panda

26/07/2016
Blog R

Panda e Nico convídannos ao seu taller de pintura, ese no que lenzos, pinceis e cores se combinan para dar renda solta á imaxinación a través da arte. Canal Panda (dial 152) emite ‘A cuadros’ en agosto de luns a venres ás 10:00 e 17:05 h e os sábados e domingos ás 09:25 e 17:50 h.

Picasso, Goya, Velázquez, Van Gogh ou Frida Kahlo son algúns dos grandes pintores da Historia que se converten en protagonistas de cada un dos programas. En ‘A Cuadros’ non só se repasan as obras, estilos e anécdotas curiosas destes artistas, senón que se aprende a pintar como eles.

Panda, Nico e un neno convidado colócanse os seus delantales de traballo e ‘a pintar se dixo’, porque ‘para ser un gran artista moito hai que pintar’. E neste taller vaise practicar.

E como o mellor da pintura é desfrutala, o taller de ‘A Cuadros’ ten a súa propia Sala de Exposicións, que non é o Museo do Prado, pero que tamén ten moita arte.

Na seguinte sección, excursión ao colexio para mostrar as obras dos pintores aos nenos, que por un día se converten en pequenos críticos de arte, opinando e expresando os seus gustos persoais ao redor dos cadros.

Por último, a diversión está asegurada na sección ‘Pintajuegos’. Os máis peques tamén teñen o seu oco no taller. Xunto a Panda e Nico, e uniformados con monos e botas, descobren o lado máis lúdico da arte, pintando un lenzo xigante con pés, mans, esponxas e mesmo con plástico de burbullas. Todo baixo un único lema: “Neste papel pinto e xogo, o resultado veralo logo”.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios