menú

A canle de Panamá, a exame en Historia

21/06/2016
Blog R

Con motivo da inauguración da ampliación da Canle de Panamá, Historia (dial 52) estrea un especial de dúas horas titulado ‘Panamá: El país que unió al mundo’ o domingo 26 de xuño ás 16:55 h.

Trátase da historia sobre a loita humana que hai detrás da maior obra de enxeñería dos últimos séculos. É un relato sobre a perseveranza e o traballo en equipo, pero tamén sobre ambición, corrupción e morte.

A construción da canle de Panamá supuxo un dos choques máis tráxicos do home coas forzas implacables da natureza: cobrou a vida de case 30.000 persoas e cambiou de verdade o curso da Historia.

A través das experiencias dos protagonistas, e desde os seus propios puntos de vista, coñeceremos feitos e perspectivas totalmente únicos e en gran parte descoñecidos acerca da construción da canle.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios