menú

Gañadores do concurso ‘Canal Cocina de puerto en puerto’

12/06/2015
Blog R

Ola a todos. Como sabedes, a semana pasada organizamos grazas a Canal Cocina (dial 58) un concurso que coincidía coa segunda tempada do programa ‘Canal Cocina de puerto en puerto’, un programa que percorre a nosa costa en busca das lonxas con máis sabor, dos mellores restaurantes e de todos os segredos da nosa gastronomía.

Por iso mesmo vos preguntabamos cal foi a localidade costeira na que mellor comiches e por que. Así que agora toca coñecer os gañadores e as súas respostas.

Gañador da cea restaurante no restaurante Yayo Daporta:

Manuel Vila
O mellor sitio costeiro no que comín foi en Combarro, sen dúbida… As estreitas rúas, a luz ecléptica, o peixe récien collido do mar… O aroma a mar e case a salitre rozando na faz…. espera… ou foi en Santa Uxía de Ribeira… co seu porto, praias… ¿ e agora que fago? ¿ Teño que escoller? A solución eu creo que está no Restaurante Yayo Daporta… e dende logo, non poidedes deixarme así… ¡Ten que ser en Cambados!

Gañadores dos packs compostos por 5 conservas de Paco Lafuente, unha manopla, un delantal, o libro de Julius e unha bolsa de Canal Cocina.:

Alejandro Mosquera
A mellor localidade costeira na que comín foi Corme, tanto por calidade como por cantidade e prezo.
Mandábannos os percebes e as ameixas das rochas ao prato, nunca comín algo tan fresco, además lle xuntamos uns postres boísimos e un chupito da casa, todo iso por 15€!!
O mellor foi que te tratan como se foses da familia e logo da cea nos invitaron a xogar un bingo cos locais marcando os cartóns con pipas.
Así que recomendo Corme por produto, trato e prezo.

Ángeles Fraga
A localidade costeira na que mellor comin foi en Cariño-A Coruña, porque probei os mellores calamares ata o de agora, un trato excelente das xentes do pobo e incheime a comer marisco (onde destacan un dos mellores percebes de Galicia), pero sobre todo porque non paguei eu jeje.

Alicia Díaz
A localidade costeira na que mellor comín foi en Camariñas. O día antes de Nadal, o 23 de decembro, fun co meu mozo de excursión ao Cabo Vilán e paramos a comer en Camariñas, que a estas alturas do ano era un pobo prácticamente deserto. Comemos os dous sós nun restaurante moi riquiño e eu tiña tantas ganas de marisco que non quería esperar á Noite Boa, así que nos puxemos ata arriba de mexillóns e almexas. Estaba todo tan bo e foi a tan bó prezo que espero que este ano volvamos na mesma data, comenzando así cunha nova tradición.

José Ángel Tarrío
A localidade costeira onde mellor comín foi en….O Grove
O por qué é porque alí… desfrutei dos mellores manxares que temos na nosa costiña: o marisco. As veces penso que estemos tan apartadiños do resto do mundo é bo para poder desfrutar entre nós destes marabillosos regalos das nosas rías… jajaja, non, que é broma… que un se sente moi orgulloso de vivir nesta terra, e cando ves nos ollos dos amigos de fóra cando comen uns percebes, unhas almexiñas, un bo boi… non ten prezo para compartir a verdadeira amizade.

Antonio Fernández Gómez
Quizais non é a mellor comida da miña vida nunha localidade costeira, ou mellor dito non foi seguro, pero si que foi da que non me vou olvidar…
Corría alá polo ano 1991….(comezando así xa vou parecer vello). Tería eu 6 anos e os meus padríños convidáranme a pasar o día na Illa de Ons.
Con tan pouca idade, e co pouco recorrido culinario que tiña, lembro que para comer no restaurante pedira “Empanada de Bonito” que era o clásico que nunca fallaba nas comidas fora da casa. ¡¡Que rica estaba aquela empanada!!
…e esta é a historia… pero a historia non a recordaría se non dicimos que unha vez na casa, cando lles estaba contando o fantástico día os meus pais faleille da riquísima empanada que comera de “Bonito con Pasas” (porque así fora… de comida non sabería moito, pero as pasas si que as coñecía) momento no que me descubriron que non comera una riquísima “Empanada de Bonito” se non a tan odiada e detestada por todolos rapaces “Empanada de Bacallao” que nunca antes quixera probar… ¡Maldito camarero!, (como maldicía Manquiña en Airbag).
Aínda é hoxe o dia que cando a miña familia fala dunha empañada de bacallau refírense a ella como “Empanada de Bonito con Pasas”.
Non foi a mellor… pero que gran descubrimento fixen aquel día!

Noraboa aos gañadores e recordade que ‘Canal Cocina de puerto en puerto’ emite os venres ás 15:00, 18:00 e 22:30 horas, sábados ás 19:30 horas e domingos ás 16:30 e 23:30 horas a partir do venres 5 de xuño.

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios