menú

As películas e series do rebobina, agora con nota

03/03/2016
Blog R

Ola. Desta vez queremos comentarche unha mellora que imos incorporar na información de rebobina. O caso é que a partir desta semana, conforme vaiamos activando esta actualización, teredes a valoración media da maior parte das películas e series dispoñibles en rebobina.

Cando fagas a busca dun contido verás a carón do título a nota media do evento. É algo moi interesante se es dos que che gustan as recomendacións doutros usuarios ou se estás dubidoso á hora de ver algo. Desta maneira coñecerás a nota que se lle deu a ese filme ou serie.

En que se basea a valoración? Pois neste caso en tres plataformas. A primeira é IMDb (Internet Movie Data base), que é unha das maiores webs relacionadas co cine e coa televisión, na que miles de usuarios valoran as distintas producións que se emiten no cine ou na pantalla pequena.

A segunda valoración vén de Rotten Tomatoes, un sitio web dedicado á información e noticias de películas e series, onde se van recollendo as opinións positivas ou negativas dos seus usuarios.

Por último, contamos coa opinión dos membros do equipo de Cinfo, que é a nosa filial encargada de facer a guía electrónica de programación e desenvolver todas as tarefas relacionadas con rebobina, polo que coñecen todas as series, películas e eventos que se emiten na televisión R.

widget

Agardamos que che guste esta mellora e que a desfrutes.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

  1. Suso di:

    É de agradecer, só unha pequena suxerencia: incluir na valoración ao sitio filmaffinity.com creo que no noso país é moito máis popular que Rotten Tomatoes

  2. Mar Alonso Dopeso di:

    Tengo Combo series familia,la verdad es que la mayoría son mediocres.Las más afamadas o no están, o tienen una sola temporada o dos,difícil encontrarla completa. Sherlock solo una temporada.Mad Men, dos, de cinco…etc.Fargo.Treme.black Mirror,The knick,The Good Wife…en otras plataformas las encuentras y completas.

    • Hola, Mar.

      El canal de Mad Men, por ejemplo, ha emitido por ahora las dos temporadas, por lo que no podemos incluir contenidos aun no emitidos.

      Por otro lado, los canales nos indican qué contenidos podemos incluir en rebobina y la vigencia de los mismos. Es un plus al servicio, para tener los contenidos más tiempo disponible. Pero no es posible tener las series completas de todo, porque los proveedores de contenidos no nos lo permiten.

      Un saludo.

  3. Feijó di:

    Cal é o botón para poñer as notas de novo? Desaparecen de vez en cando e non sei poñelas :S Grazas de antemán

  4. Iker di:

    A mí me aparecían, pero ahora no. Era muy útil, y deberían reponer las notas