menú

Os ‘zombies’ de AMC xa falan en inglés

14/04/2016
Blog R

Ola. Os zombies de ‘Fear the Walking Dead’ agora tamén falan en inglés. É dicir, AMC (dial 2) xa dispón de subtítulos en inglés.

A canle AMC inclúe dende agora subtítulos en inglés en parte da súa programación, así que xa podes seguir no seu idioma orixinal as peripecias dos Clark e dos Salazar en alta mar.

Unha gran noticia para aqueles asiduos á canle que emite series tan emblemáticas como a citada ‘Fear the Walking Dead’, ‘Mad Men’ ou ‘Lucky Man’ e unha grande oferta cinematográfica. En maio, por exemplo, cun especial dos irmáns Coen (‘Fargo’, ‘Quemar después de leer’) e un ciclo dedicado a grandes heroes do cine, que inclúe películas como ‘Robin Hood’ ou ‘Rob Roy, la pasión de un rebelde’.

Os subtítulos están dispoñibles tanto se estás a ver a televisión en directo coma se reproduces os contidos en rebobina. Ademais, lembra que AMC é a canle en aberto ata o 30 de xuño.

Como ves, continuamente imos incorporando subtítulos en inglés en máis canles da televisión R. Seguiremos informando 🙂

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.