menú

Nova versión do desco HD: máis rápidez e novidades interesantes

15/12/2015
Blog R

Ola a todos. Dende hoxe, a todos os que tedes un desco HD e o apaguedes co mando R (que no frontal quede a hora), irémosvos actualizando a versión do software. Veredes que ao acendelo xa vos informamos do tema, para que desfrutedes antes que ninguén das novidades.

Así que a pregunta é obvia: “Que trae esta nova versión do firmware que me interesa como cliente?”. Pois moitas cousiñas, así que vos queremos poñer os dentes longos 

A primeira delas e que de seguro vos parece máis relevante é o feito de que mellora a experiencia de usuario en canto á velocidade do zapeo e a consulta da miniguía de información. Agora o cambio de canle ou poder saber se que se emite será moito máis rápido, que era algo que nos levabades tempo pedindo.

Hai que ter en conta que non é o mesmo mover unha canle en HD con 21 megas que unha canle con menor calidade no desco SD pero, como dicimos, nesta versión a experiencia vai ser moito mellor. Iso si, o ideal é probalo e que vós nos digades se notades a diferenza 

Máis cousiñas. Vimos que nalgúns casos, cando se mercaban películas ou contidos do rebobina con puntos, a compra non quedaba ben feita e non se podía ver o evento. Nesta nova versión iso queda solucionado e o proceso de compra por puntos debería ir á primeira.

Outro dos temas máis destacados e novidade importante é a opción de estar vendo o capítulo dunha serie e reproducir directamente o segundo sen saír dese evento.

Veredes un botón verde para ir directamente ao seguinte capítulo ou ben podedes acceder a un menú no que mirar que episodios tedes dispoñibles:

nueva versión desco HD de R

Ademais, pulsando sobre a tecla INFO podedes ter un resumo de cada evento. De novo, sen ter que saír da emisión, do programa que estades a ver:

nueva versión desco HD de R info de cada evento

Ademais, moitas veces vemos que falta un cacho dun programa. Iso acontece porque se marca que a hora de comezo é ás 22:00 (como está previsto na programación), pero despois a hora real de inicio é ás 22:15, por poñer un caso. Pois agora, se vedes que falta o inicio dun evento, podedes darlle para atrás, a buscar no evento anterior se está o inicio do que falta. Útil, non si?

Veredes no player que hai unha especie de liña inicial. Se cos botóns do mando R lle dades para atrás, xa ides ao evento anterior ou colledes os minutos que non víades.

nueva versión desco HD de R ir a evento anterior o posterior

Seguimos con máis temas. No caso de que marquedes un evento para “ver máis tarde” (botón amarelo do mando R) e resulta que vos esquecedes e ese programa vai desaparecer do rebobina, apareceravos unha mensaxe indicando que vai caducar polo que, se o queres ver, o podes facer. Así non tes que estar sempre pendente do tema e tes unha última oportunidade (8 horas) a través dun aviso para desfrutar do contido.

Por outra banda, nos filtros dos programas agora as opcións estarán por orde alfabética. Deste xeito é máis doado buscar un xénero ou un subxénero e xa sabes que os “thrillers” están ao final da lista e as de “animación” ao principio 

Despois, hai moitos máis detalliños e cousas por detrás, pero pensamos que o principal e o destacado era isto.

A idea, coma sempre, é que usedes o servizo e nos digades como o vedes, polo que xa estades tardando en apagar co mando R para terdes a nova versión.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

83 comentarios

  1. susana di:

    hola, quixera saber que se para cambiar o desco actual polo HD ten que vir un técnico o pode facelo un mesmo, grazas.

  2. Miguel di:

    Parece moi ben a actualización para facer o deco mais rápido e estable…..pero xa podíades aprobeitar e implementar cousas moi interesantes e que votamos molito en falta como pode ser a grabación ….un navegador web….unha guia EPG para consultar a programacions dos canles…..etc. Saudos.

    • Ola, Miguel.

      Son temas independentes; cada cousa require o seu desenvolvemento e o traballo dunha serie de programadores. En canto temos unha mellora lista e probada, o que facemos é lanzala, implementala para que os clientes a poidan usar.

      En paralelo seguimos a traballar para que o servizo vaia mellorando. E sempre que temos algo xa rematado, como e este caso, comunicámolo.

      Un saúdo.

  3. Nebur692 di:

    Esperemos ver pronto activado el USB y el HDD

  4. DTP di:

    Bos días! Eu si que notei a mellora no cambio da canle e á hora de ver a miniguía. Seguide así que vades polo bo camiño! Saúdos!

  5. ti di:

    Hola, me encanta esta nueva actualización! La velocidad al cambiar de canal y así si que es notable y lo de poder ver el siguiente episodio de algo sin tener que salir del mismo me encanta y me parece super útil!! Le doy un 10 a esta actualización! Enhorabuena!

  6. artabro di:

    Voy a probarlo ahora mismo. Gracias, era algo necesario. Y si encima no hay que reiniciarlo cada día sería la mejor oferta

  7. Manuel di:

    Mellorando coma sempre, si que se nota o cambio!!

    O que si é que moitos estamos co HDD esperando a que se poida grabar!!!
    É un tema de licenzas ou simplemente que é dificil de implementar? Tedes algunha data estimada?? Semanas, meses..??
    Noraboa!!

  8. David di:

    Podo confirmar que igual vai un 5% mellor, pero a mellora é insuficiente, o zappeo segue a ter un lag impresionante, e olvídate diso de cambiar 4 canles seguidas.
    Comprendo que son canles HD etc etc, pero non é o rendemento esperado sabendo que o mellorastes.
    Seguimos na miña casa mirando para os números do desco, que aparecen moito antes que os do menú da tele.

    • Ola, David.

      O normal é que se sabes a canle á que vas, xa pulsar directamente no mando o número do dial.

      O do zapeo canle por canle, por regra xeral vemos que se usa para ver que se está a emitir en cada unha, ver un par de segundos e, se non gusta, tirar para arriba.

      Sinto que non notes cambio ningún 🙁

      Sobre o tema dos menús, o que facemos é darlle como uns 10 minutos, para que o desco vaia cargando toda a información. E, a partir de aí, xa estaría todo gardado no desco e debería cargar rápido.

      Un saúdo.

  9. xose aneiros di:

    Hola
    Si tengo contado un servicio, porque tengo que hacer el trabajo de “R” reiniciando…. si el mando….
    Es que no tienen total acceso a mi conexión?
    Gracias

  10. Carlos Mosquera di:

    No meu caso volveuse imposible usar Rebobina, o acceso aos menús é tan lento que por veces non é capaz nin de cargalos. Reiniciei o deco e segue igual.

  11. Anna di:

    Levo case unha semana que o Rebobina falla moitísimo e coa nova versión a situación non mellora. Teño que reiniciar constantemente o Desco porque non funciona a opción “hacia adiante” e “hacia atrás”. O reinicio empeora a situación porque despois non podes acceder a Rebobina, sae fallo de comunicación co Desco HD. Agradecería mellorar estos pequenos pero tan molestos fallos. Un saúdo

  12. Tomás di:

    Hola, desde que actualizasteis el desco cuando estoy viendo un evento en el rebobina y en los descansos quiero correrlo para delante no va , sólo corre hacia adelante de +5mint.o +30 mint., pero no x2, x32. Lo vais a dejar así o tengo una incidencia??
    Por el resto de mejoras en el desco genial , se agradece

  13. Paco di:

    Pois pasoume agora que cando fun ver o contidoi máis detallado dun programa de tv pulsando ok apareceume o menú cambiado (e non teño deco hd) máis vistoso e un anuncio na esquerda que decía que teño TV familia de balde todo o mes.
    ¿Cómo se activa?

  14. Roi di:

    Pero engadide esta suxestión tamén.

    Cando un contido está sendo emitido en directo e está dispoñible no Rebobina, podo volver ó principio pulsando Reproducir. Cousa que está ben.
    Pero outras veces estou vendo un contido, perdinme algo e quero rebobinalo un minuto (porque fun ó baño, me chamaron) e non podo. Teño que ir ó principio e despois avanzar ata case o final. Isto é un coñazo.

    Así que, por favor, engadide a opción para cando estea vendo un contido en directo, poida rebobinalo pulsando o botón de retroceder.

  15. Juan di:

    Pues mira tu, que a mi me habeis fastidiado. Me iba razonablemente bien y ahora se traba y se queda bloqueado.

  16. Javier di:

    Hola, desde que actualizasteis el desco cuando estoy viendo un evento en el rebobina y en los descansos quiero correrlo para delante no va, se queda bloqueado, avanza la barra de tiempo, pero no el contenido, pulsas para ir hacia atras, y avanza hacia adelante, ves contenido en rebobina y aparece publicidad, vamos, una autentico desastre, una chapuza de actualizacion, virgencita, virgencita………

  17. Evitalunita di:

    A mi me lleva apareciendo el error 802-1 desde el lunes y he reiniciado el desco varias veces desde entonces. Ya no sé qué más hacer…

  18. efren di:

    O rebobina segue sen ir, e eu non notei melloria na velocidade.

  19. Sergio di:

    Hola me pasa lo mismo que a todos, rebobina no va bien. Tarda mucho en cargar si carga.

  20. Xabi di:

    Coma di Sabina: hoy igual que ayer….
    Cando chega a noite o rebobina faise inutilizable. Fora diso o cambio entre canles: lixeira melloría e a función do botón verde parece cómoda, lástima non poder probala no rebobina.

  21. tino di:

    Dos cuestiones: por una parte se hecha de menos un listado de canales de consulta de lo que se esta emitiendo en cada momento. Por otra parte: ¿cual es el motivo de que rebobina pierda calidad?

    • Hola, Tino.

      Si te refieres a tener una especie de parrilla de programación con varios canales, es algo que no tenemos. El desarrollo se hizo para consultar uno a uno y con el mando moverte en la consulta de la programación (sin salir del canal).

      En cuanto al tema del rebobina, ¿a qué te refieres por pérdida de calidad? No me consta que haya una pérdida de calidad en los contenidos.

      Un saludo.

  22. J. Aneiros di:

    Quixera saber cantos puntos son necesarios para pasar de combo 150 familia a 150 total. Son os mesmos que no caso de pasar de 50 familia a 50 total?

  23. Alberto di:

    Buena actualización. El lag se ha reducido considerablemente. El único pero, en cuanto a esto, es que de vez en cuando pone “info no disponible” y hay que volver a entrar en el canal, pero sucede pocas veces. Por otro lado, para futuras actualizaciones, ¿tenéis pensado incluir emisión de sonido en 5.1 en algún momento?

  24. David di:

    Quecheparece… unha solución para evitar esa errática negociación HDMI ca TV, sería:
    Por HDMI sae o sonido en PCM (se a tv non é compatible) en pola conexión óptica o formato orixinal.

    Un saúdo

  25. Jorge di:

    Amigo de R,

    Non iamos ter a TV total ata o día 29 de decembro como promoción??… Dende hoxe xa non miro esas canles…

  26. Antonio Andina di:

    Actualización desco Ok, notase o cambio e as melloras que se fixeron son de agradecer.
    O que xa non sei que pensar e sobre os fallos do rebobina desde primeiros de mes, a primeira semana eran cousas da miña instalación, logo fallo da actualización citada, hoxe fallo xeral do rebobina. Sempre suxiren ir a web de soportetelevision.mundo-r.com , e digo eu, si é un erro xeral ¿non era un sitio macanudo esa web para indicar ese tipo de incidencia xeral en lugar de ternos enganchados ó teléfono como parvos durante un cuarto de hora escuitando musica…?

    • Ola, Antonio.

      Si, a semana pasada houbo varias noites con incidencias no rebobina e onte volveuse repetir. O problema é que non sabemos cando vai acontecer algo así nin exactamente se pode fallar o servidor ou os conectores da rede. Na web só poden publicar persoas moi concretas, por temas de seguridade, e a esas horas non estaban dispoñibles. De aí que non houbese nada alí indicado.

      O que si, teremos no futuro un diagnóstico vía móbil no que se recollerá esa información.

      Un saúdo e desculpa as molestias.

  27. jbl di:

    Lo del móvil parece interesante la verdad. También os podíais plantear incorporar en el propio deco una opción de comprobación del servicio, al estilo del que hay en la web, y que por ejemplo cuando te salte un error, ya sea reproduciendo algún contenido o directamente que no se acceda a rebobina, de la opción de diágnostico y saber si es por un problema de señal en el deco o que no haya conexión con la plataforma. Así al menos puedes tener una idea de lo que ocurre, si es un problema de uno o si está caído el servicio directamente.

  28. Mary di:

    A actualización será boa, pero bótase en falta unha sinxela operación que era moi comoda no deco SD e que no HD non se ten en conta.
    Antigamente ó encender o deco SD, cargábache directamente a sinal na entrada que estaba conectado; explicome, o encender o desco cargabase directamente a imaxe no AV. agora con este novo deco HD, teñas conectado como o teñas, sexa por Euroconector, Compoñentes ou HDMI, tes tí que seleccionar a entrada de imaxe que queres empregar, e dicir o encender o deco aínda teño que coller o vello mando da TV e seleccionar no boton SOURCE a entrada que emprego.
    Isto é un atraso fragante, ademáis, ter que empregar igualmente os dous mandos cando podo empregar un unicamente coma antes, xa que hay moitas fucionalidades que non se recollen o copiar o mando.

    Rogo se revisen estas actualización de desenvolvemento, software ou firmware como queirades chamarlle, pero o mero feito de que a imaxe carge soiña na entrada asignada é do máis básico e algo que se perdeu…..

  29. Hugo Pardo-Vivero di:

    No novo desco ven unha ranura para uns HD de2,5″ si se lle pon un é posible grabar a programación o todavía non ten implementada esa función?

  30. Eva di:

    La verdad es que si he notado cambios con la actualización. Pero también he de decir que estos ultimos días se me queda como pillada la imagen de repente y no va. La única solución es desenchufar el deco y volver a enchufarlo… Le pasa a alguien más?

  31. Roberto di:

    Hola. Imos de chapuza en chapuza coa TV HD, concretamente co maravilloso desco… A última, aparte de que é pésimo en xeral, e que no rebobina, vendo calquer programa e xa vai máis de unha vez, me salta o salva pantallas con publicidade… Cada 3 minutos!! Si, estou vendo publicidade a pantalla completa!! Eso si, desde 0 euros o que anunciaddes… De verdade, desanimo a calquera que se esté pensando contratar a TV de pago de R, que o pense ben… Hay que reiniciar cada dous por 3, nin Windows 98 fallaba tanto! Non creo que aguante moito con vos…

  32. Martin di:

    hola, conectei o desco HD, cando apaguei o desco con o mando R apagouse mais ficou fixo 10:15 e non a hora real que aparecia no desco antigo..como hai que facer para que apareza a hora?

  33. Antonio di:

    Buenas
    Muchas veces cuando quiero reproducir un archivo me sale otro totalmente diferente, ayer quise poner don Quijote y se salía bob esponja y asi en muchos.
    Como se puede solucionar?

  34. diego di:

    COMO ACCEDO A LA GUIA MI MANDO NUEVO SOLO TIENE MENU E INFO NO LA TECLA GUIA

  35. diego di:

    Y como organizo los canales de forma que solo me salgan los que tenga contratados???

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*