menú

Motors TV, en HD

01/12/2015
Blog R

Ola a todos. Dende hoxe, 30 de novembro, Motors TV (dial 75) pasa a emitirse en alta definición.

Súmase deste xeito a outras canles deportivas con HD na nosa grella coma Eurosport e Teledeporte. E, como quen non quere a cousa, xa son 29 o número de cadeas coa mellor calidade de imaxe dixital por fibra óptica en alta definición. Porque a televisión R é, así, máis televisión.

No caso de Motors TV dáse tamén a circunstancia de que emitirá dende agora exclusivamente en HD. De aí que os clientes que teñades a canle na opción TV total en SD e queirades desfrutar do novo desco en alta definición, só cómpre que nos solicitedes o cambio na nosa web. É completamente gratuíto, polo que non tedes que vos preocupar de nada 

Con Motors TV HD viviredes, aínda máis se cabe, o deporte do motor. Ao ruxido dos motores unirase agora a mellor imaxe das competicións máis emocionantes como o FIA World Rally Championship, ou a emisión en directo do FIA World Endurance Championship, dos V8 Supercars, a maiores dos resumos e programas completos das competicións de dúas e de catro rodas.

Xa estades tardando en ir ao dial 75 para desfrutar da nosa nova canle R en HD: Motors TV.

Un saúdo!

Fonte da imaxe

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

6 comentarios

  1. Mario Romero di:

    Hola, para cuando Discovery Hd que ya ofrecen las demás empresas?? Espero que sea pronto..

    Un saludo

  2. Carlos di:

    Oleeee, un poco de todo en el paquete básico!
    Seguid así!
    Lo próximo 4G, venga va!

  3. Xosé di:

    O 22 comeza A3series en HD, estará este na grella de R?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*