menú

Eurosport 1 e Eurosport 2, novas canles en aberto

28/06/2016
Blog R

A partir do venres 1 de xullo, Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) tómanlle o relevo a AMC (dial 2) e emitiranse en aberto para os clientes con TV mini, TV series, TV familia no caso de Eurosport 2 e para aqueles que teñan un televisor DVB-C (con sinal de cable).

Os nosos clientes de televisión poderán desfrutar nesta ocasión en aberto dos contidos que ofrecen dúas canles de forma promocional durante os próximos 3 meses, ata o 30 de setembro.

Unha vez finalizado este período, seguirán desfrutando de Eurosport 1 se contratan a opción TV familia (que inclúe un gran número de canles como TCM, Syfy, Comedy Central, Discovery, Nat Geo Channel, Historia, Odisea, Disney XD…) e de Eurosport 2 se contratan TV total (con canles como: Motors TV, Iberalia, Sundance, Somos, Decasa, Disney Junnior, C&I, MTV Hits, MTV Rocks, MTV Dance…).

Eurosport 1 e Eurosport 2 son as canles deportivos de referencia en televisión, na súa programación destacan contidos como:

• Ciclismo: coa emisión dos torneos máis importantes do ano, como o Tour de Francia, Giro de Italia ou La Vuelta.
• Tenis: coa emisión dalgúns dos torneos máis destacados do ano, como Roland Garros e o US Open.
• Motor: coa emisión do Campionato de Superbikes, no que participan pilotos da talla de Nicky Hayden ou Tom Sykes, entre outros.
• Fútbol: coa emisión da Major League Soccer (a liga de fútbol americana na que xogan figuras como Villa o Pirlo e a Eurocopa de Fútbol Sala.
• Atletismo: coa emisión do Europeo de Atletismo e do mundial de Atletismo en pista cuberta.
• Deportes de inverno: as grandes citas de esquí alpino, esquí de fondo, curling, patinaxe artística ou saltos de esquí.

O dito, desfruta este verán do mellor deporte grazas a Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) en aberto na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

9 comentarios

  1. YotbHePicadoConR di:

    Que pesadilla lo de R, las 4 de la mañana y sin conexión en casa desde la 1:20 en la zona de Lugo. Cada día funciona peor, infinidad de noches sin conexión (según ellos por mantenimiento) obviando que algunos trabajamos por las noches con internet. Me voy a Movistar esto ya es demasiado. Hasta nunca R

    • Hola.

      Antes de nada, siento las molestias. Los trabajos de mantenimiento y mejora de la red los realizamos tanto en R como en el resto de operadores de madrugada, porque es cuando el impacto es menor. De día trabaja la administración, las empresas, colegios… con lo que hacer un cambio de equipos o un trabajo de redundancia que puede provocar un corte es más delicado. Por eso se hace de noche.

      Espero que podamos recuperar de nuevo tu confianza, porque precisamente estos trabajos son para mejorar el servicio.

      Un saludo.

  2. paco di:

    ¿Y mi comentario sobre tv comigo porqué no está publicado? No me aparece ni como pendiente de publicación.

  3. Pacco di:

    Para todos? Eu Non teño deco, sin opción TV contratada. Soamente combo 150 mb e mobil

    Se busco as canles directamente coa tele no cable de antena saenme? É a miña dubida…

    Gracias

  4. José Miguel Díaz Fernández di:

    Pues yo tengo que decir que estoy encantado con R y sus servicios, de lo profesionales que son sus empleados ya sea por teléfono o como cuando vienen a casa. Te dan lo que contratas, sin tapujos y comparando precios con otras operadoras lo veo bien, ah se me olvidaba la tienda de calle reina en Lugo también excelentes en su trabajo tanto en profesionalidad como en trato humano. Enhorabuena R.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*