menú

COSMO, agora con subtítulos en inglés

04/04/2016
Blog R

Ola. COSMO (dial 25) pásase ao inglés. Tranquilo, non é necesario que saias xa a buscar o dicionario. Referímonos á inclusión de subtítulos en inglés en parte da programación da canle.

Hai un tempo contámosche como poñer subtítulos no desco R HD. Como che diciamos, o desco pode descodificar e mostrar os subtítulos que as canles envíen.

COSMO (dial 25) non quere deixar pasar a oportunidade e agora ofrece subtítulos en inglés en boa parte da súa programación. Ao redor dun 30% da programación da canle conta xa con subtítulos en inglés. E están dispoñibles tanto se estás a ver a televisión en directo coma se reproduces os contidos en rebobina.

Así que xa sabes, a practicar o teu inglés con COSMO. A canle, ademais, preparou un abril cheo de novidades, como a estrea do drama médico ‘Heartbeat’. Sen esquecerse de series emblemáticas da canle como ‘The Mysteries of Laura’ e ‘Motive’ ou títulos de cine como ‘American Playboy’, ‘Memorias de un zombie adolescente’ ou ‘Diana’.

Do you speak English?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

2 comentarios

  1. pedro di:

    Tv comigo lleva unos dias que va a pedal, tarda muchisimo en cargar y se corta constantemente…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*