menú
Cómo crear una lista de favoritos en desco R

Como crear unha lista de favoritos no desco R

18/07/2016
Blog R

Ola. Hoxe explicámosche como xestionar as listas de canles favoritas no teu desco R e como crear unha nova lista. Así poderás navegar de forma fácil só polas canles que ti elixas, sen ter que pasar por todas.

Para acceder ás listas de favoritos, pulsa a tecla menú no teu mando e escolle a opción apps e, a continuación, selecciona favoritos.

Podes editar calquera lista preconfigurada ou crear a túa propia, dándolle o nome que prefiras usando o mando da túa televisión. Despois só tes que seleccionar as canles que queres incluír na túa lista e terminado. Activa a lista e xa poderás navegar polas túas canles favoritas.

Neste vídeotitorial podes ver como funciona:

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

  1. xan di:

    buenas. Me gustaría saber si es posible contratar Bein Sport para ver el fútbol en la temporada 2016 2017 con R.

    es.beinsports.com/donde_contratarlo

    Qué qué alternativas hay para poder ver el fútbol en R?

  2. xan di:

    Mi idea sería conseguir un combo en R q pueda mejorar el pack fusión + valorado en 70 €:
    teléfono fijo + móvil (llamadas ilimitadas-3gb) + televisión (80 canales liga-copa rey) y 30 megas

  3. Víctor di:

    Únome á solicitud de información anterior. Xa non se trata soamente de BeIn Sports, senón do fútbol en xeral, incluíndo o partidazo de cada xornada, ou as posibilidades de ver esa Euroliga que este año tanto lles interesará aos seguidores do Celta.

    A tempada pasada o abonado con interese no fútbol fixo un apaño con Telecable, posto que era unha situación contractual con vixencia únicamente para un ano; pero esta vez trátase de 3 anos. É de evitar determinadas incomodidades.

    A competencia está a facer ofertas moi potentes incluíndo todo o fútbol a prezos moi competitivos. Van a polos vosos mellores clientes.
    Incluso algún dando facilidades e rebaixas onde non teñen cable.

    Sería bo que – a curto prazo- se soubese que vai ofrecer R. Con concreción. A incertidume neste contexto non é boa, sobre todo despois do precedente do ano pasado.

  4. María di:

    Olá deberíades dar está información aos técnicos. O que veu a miña casa foi moi amable, profesional e rápido pero esto non o sabía.
    Grazas e saúdos