menú

Como conectar un portátil a un televisor?

21/09/2015
Blog R

Contidos para ver en calquera momento e lugar e desde calquera dispositivo. A día de hoxe, a tele xa non é único soporte no que podes desfrutar dunha boa película, unha retransmisión deportiva ou daquela serie á que estás enganchado.

Pero como a pantalla da tele, na maioría dos casos, é a de maior tamaño e mellor resolución, adoitamos querer usala para ver ‘ao grande’ os nosos contidos favoritos.

Conectar un ordenador a unha tele é moi sinxelo. Podemos facelo a través dun cable, sexa HDMI, VGA ou DVI (o menos habitual). Iso si, os dous aparellos (TV e portátil/PC) teñen que ter os mesmos conectores.

Unha vez conectados os dous equipos, poderías ver os contidos do PC a través do televisor, coma se accedeses a eles a través dun DVD ou dun desco de televisión. Por iso, mesmo despois, tes que ir co mando do televisor á tecla ‘input’ ou ‘source’ e escoller a fonte pola que se recibe o sinal.

Se o ordenador ten un porto HDMI e unha tarxeta de son tamén apta para HDMI, son e imaxe xa irían por ese cable. No caso contrario, necesitarías un cable de audio para conectar os dous equipos.

E se no ordenador podemos acceder a contidos ‘tradicionalmente televisivos’, obviamente tamén á inversa: na tele podemos ver contidos ‘típicos’ de internet. Que che parece desfrutar de vídeos de Youtube ou actualizar as túas redes sociais a través do televisor?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios