menú
Control parental en la televisión de R

Como activar o control parental na televisión R

11/11/2016
Blog R

Ola. Hoxe queremos explicarche como activar o control parental na túa televisión R para que poidas controlar o que ven os máis peques da casa. Só o 15% dos fogares con menores ten activado algún sistema de control, segundo un estudo da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. E a verdade que é moi fácil activalo. Botámosche un cable para que en poucos pasos poidas limitar o acceso a determinados contidos da túa televisión R.

Desco HD

Pulsa no teu mando a tecla menú > configuración > seguridade > ok e introduce o teu PIN de acceso (por defecto é 1234). Tamén podes acceder á pestana “seguridade” dende a tecla do cadeado se tes o mando morado.

control parental en la televisión de R seguridad

Se non o fixeches xa, deberías cambiar o número de PIN. Podes facelo seleccionando a opción “cambio PIN”.

control parental en la televisión de R PIN

Unha vez metido o PIN, xa podes bloquear a canle que che interese. Selecciona a pestana “canles”, elixe a canle, e pulsa ok para bloquealo. Se queres desactivar a túa selección, só terás que te situar enriba da canle e pulsar outra vez ok.

Control parental en la televisión de R canales

Control parental en la televisión de R canal

Tamén poderás desbloquear a canle sen ter que ir a “configuración”, dende a propia canle pulsando a tecla azul desbloquear. Para facelo terás que introducir de novo o código PIN.

Control parental en la televisión de R canal bloqueado

Control parental en la televisión de R desbloquear pin

Lembra que se bloqueaches unha determinada canle, para poder ver os contidos de rebobina desa canle, terás que introducir o código PIN.

Desco SD

Se tes un desco SD, ademais de bloquear unha canle, poderás bloquear contidos por franxa de idade. Dende a tecla do cadeado (mando morado) ou desde a ruta menú > configuración > seguridade > idades, debes indicar que contidos desexas bloquear: non recomendados a menores de 7, 13 ou 18 anos.

Neste vídeotitorial explicámoscho en detalle:

Con estes sinxelos pasos, os máis peques poderán desfrutar con toda seguridade da televisión R.

Esperamos que che servira de axuda e se tes algunha dúbida, por aquí andamos.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.