menú

Busca… e atopa con rebobina

23/03/2016
Blog R

Sabes que podes atopar os teus contidos preferidos rapidamente en rebobina co buscador? Localiza os contidos que che interesan filtrando por título, por actor, por xénero …

Sabemos que che gusta rebobina e queremos que lle tires todo o proveito posible. E, como unha das nosas maiores teimas é que sexa fácil de usar, non podía deixar de ter un buscador o máis completo e visual posible.

Como uso o buscador de rebobina?
Hai varias formas de chegar a el. Unha, través da icona que sae na marxe superior dereita da pantalla do teu televisor. Outra, mediante as iconas de servizos que temos na portada de rebobina, tras acceder pulsando a tecla vídeo do teu mando HD (ou a tecla VOD se tes o mando anterior). O buscador é o primeiro á esquerda.

E a forma que máis nos gusta para buscar en rebobina: dende a portada do servizo, se empezo a escribir co teclado do mando da tele xa estou a buscar.

A partir de aí, o funcionamento é idéntico en ambos os dous casos. Introduces o texto de busca co teclado numérico do mando da tele. Podes axilizar a busca filtrando por título, actor ou director; por xénero (cinema, cultural, deportes, por exemplo); ou mesmo por definición (HD ou SD). Se te equivocas, botón amarelo para borrar.

Os resultados irán aparecendo na pantalla ordenados alfabeticamente. Xa só falta darlle a play para desfrutar do contido.

Así de doado, así de útil. Busca … e atopa en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 comentarios

  1. maria del mar roca di:

    se puede buscar la serie the strain

  2. Conchi di:

    Funciona ,bastante mal el rebobina,no es la primera ,ni la segunda vez que veo una peli y me quedó sin saber el final porque se corta.Ya me he protestado varias veces.

  3. julio di:

    Pues yo lo suelo usar bastante y no me da problemas

  4. Pipo di:

    Por que non poñedes as series por tempadas cando se buscan no Buscador?
    Agora, ao buscar algo polo título dunha serie aparecen todos os capítulos. E é un rollo para ver o último capítulo, por exemplo, ou un dunha tempada en concreto, andar pasando as “páxinas”.

    E buscar desde a opción “Series”, si que aparecen en cartafois das tempadas.

    Sería un avance moi cómodo.

    Grazas

  5. Víctor di:

    O Rebobina é un gran invento, e non só supón hoxe un valioso complemento para os usuarios de televisión R, senón que ven de comezar a cambiar os nosos hábitos de consumo. De feito, non está lonxe de supor unha eficaz arma para seducir á xente dende o visionado legal, e alonxalos da normalidade na que caeu maiormente a piratería neste país.

    Adicionalmente, dende o comezo, sufriu algunhas modificacións e melloras que os consumidores agradecen, contando con varias aportacións verdadeiramente interesantes.

    Nembargantes, gustaríame plantexar algunhas consideracións ao respecto.

    1) PEQUENOS PROBLEMAS. Existen pequenas eivas, ou incoherencias, que se veñen a repetir no tempo. Por exemplo, películas que están dispoñibles varias veces simultaneamente, (e non, non falo da duplicidade SD vs. HD), ou que se ofrecen de maneira reiterada ata o exceso, dando unha mala imaxe. Invítovos a levar a conta do número de pases que algúns films chegan a acadar no rebobina. E non falo nin de películas de éxito, ni de calidade recoñecida. Outro análogo, é que na última gran remodelación da interfaz se perdeu a posibilidade de seleccionar -por exemplo- os films segundo a data de emisión, impedindo así que dun xeito fácil e sinxelo o usuario poida ver que hai novo no rebobina sen ter que pasar infructuosamente -e de xeito literal- varias ducias de pantallas. Para finalizar, compre lembrar de novo o extraño etiquetado por xénero que existe nalgúns contidos, facendo que, por exemplo, en películas para cativos aparezan contidos para maiores, ou que ao seleccionar os filmes de animación non aparezan todos os dispoñibles, tendo que ir a buscalos á canle na que os programaron. Son pequenas cousas facilmente solucionables, e que poden xestionarse mecanicamente sen custe posterior. Porque anque o buscador do Rebobina é moi bo, o óptimo sería non ter que utilizalo.

    2) O CATÁLOGO. O Rebobina foi o gran colchón para adecentar -e canalizar- a menor oferta de Cine que ficou en R cando desapareceron -ou se substituíron- algunhas canles especializadas, non fai tanto tempo. Nembargantes, co tempo, o propio rebobina menguou tanto en calidade coma en cantidade, sexa premeditado ou non. (Son dos que pensan que nunca empresa case nada sucede por casualidade). É por iso que, coma cliente, me gustaría enumerar algunhas situacións que non deberían ocorrer, ou non con esta frecuencia, de cara a conformar unha oferta xeitada ao mercado, e consistente ca imaxe e servizo que pretende proporcionar R, e que un, coma elección persoal, desexa recibir.

    – Se un ordea as películas gratis por data, aproximadamente o 75% son do ano 2.000 en adiante. A maior parte do cine existente é do 2.000 hacia atrás. E anque, coma en todo, o que máis interesa é o último, este desmesurado desequilibrio leva a a minguar a calidade -e mesmo a variedade- da oferta.
    – Deixando a un lado a ubicación cronolóxica, hai determinados tipos de cine prácticamente abandoados no catálogo de R, cinguíndose só a títulos -de novo- moi repetidos, e case tópicos. Vós sodes os que tedes os datos reáis da interese e consumo dos clientes, isto é só unha proxección, pero, de tódolos xeitos, non lembro a última vez que consultáchedes aos clientes algo ao respecto.
    – Poder participar na dispoñibilidade do catálogo, ou incluso na elección ou preferencia por novas funcionalidades, xenera fidelidade ao servizo, e, por tanto, a R. Podedes facer enquisas regulares a través do propio Rebobina, configurar “polls” baixo parámetros de rendibilidade, realizar iniciativas por outras canles, mil formas e posibilidades de achegarse ao cliente. Ficar quedos nunca debería ser unha posibilidade. E neste senso, sodes totalmente inmóbiles.
    – Non se percibe coma especialmente coherente pretender cobrar case tres euros por filmes de fai 10 anos ou máis que están a repetir cada pouco tempo en canles xeneralistas abertas. Da mala imaxe. E a oferta tamén é a imaxe de si mesma se quere xerar a oportunidade de que siga buscando. A xestión dun paquete non debe xerar, na medida do posible, este tipo de situacións. De feito, os días nos que unha película de pago está gratis no rebobina esta debería desaparecer coma opción de pago, para reaparecer logo para quen non chegase a tempo. Son opcións mecánicas, sinxelas, só tedes que implementalas.
    – A nivel de series foi un grande avanze poder dispor de tempadas completas, pero a súa xestión, listaxe ou visualización, aínda non é o áxil que debería. Só falta ir á sección persoal do rebobina onde están as series por canle, e ver cantas estando dispoñibles non aparecen aí. Ou que á mesma serie dependendo por onde chegues che aparece a V.O.S. ou non. (Por certo, añadíchedes algunhas funcións moi interesantes, pasar ao seguinte capítulo, ou avisar dun erro; pero falta unha fundamental: que seo cliente está a ver unha tempada completa, quede marcado coma visto os capítulos que xa viu. Por non telo entrando e saíndo de capítulos ata lembrar por onde andaba. Por non falar dun aviso cando estean novos capítulos/tempadas dispoñibles. Recomendar o que quere ver. Sinxelo)
    – Servizos fantásticos coma o Play Doc, seguen a ser semi desconocidos para a meirande parte dos abonados. Iso é culpa vosa. Sen ambaxes.
    – O Rebobina é unha plataforma de seu. Podiades utilizala para moitas outras cousas, pero, por algún motivo, non é así. ¿Tería éxito poder ver aí os vídeos ou programas das canles do Deportivo e o Celta? Custe despreciable, sen apenas posibilidades de non recuperalo. E hai ducias de ideas semellantes no aire.

    3) O DESCO. Mellorou moito, pero, sen que vos pareza mal, o ciclo de desenrolo, desde o punto de vista do cliente, está a ser moi lento. A este ritmo, cando se acade a súa plena funcionalidade xa estará obsoleto. E nisto da TV de pago estase a avanzar moito e moi rápido. Xa non existen os logros, só os pasos a dar. E quédanvos unha chea deles antes de dar o seguinte salto. (Por certo, felicidades/gracias por aumentar a 10 Mb a conexión que proporciona o DESCO á TV. 5 Mb era moi pouco. Aínda así, compre lembrar que 10 Mb segue a ser insuficiente para a visualización fluída de contidos 4K na rede. E falta moi pouco para que se comecen a ofrecer contidos que a xente desexa ver nas súas Smart TV. Se a conexión non lles vai, votaranvos a culpa a vos, non a non tela conectada á Wifi). Do tema do disco duro non digo nada. Non sei ata que punto é por imaxe, ou unha reclamación real do consumidor. Aínda así, eso hoxe xa non é obrigado xestionalo por Hardware, nin a nivel local, ¿verdade? Ahí tedes outra oportunidade para dar un saltiño.

    Por certo, conteivos xa fai moito tempo que dende unha das actualizacións do ano pasado cando encendo o desco non salta automáticamente na TV. De feito, non o fai nin cando se reinicia. Por mor disto, teño que pasarllo eu a man á miña filla, e ás veces a máis xente. Se non é así, non ven R e punto. E non falo dun trebello extrano cun sistema minoritario: é unha Panasonic gama alta de 2014.

    4) APPS. Cando intento ver a TV de R no meu smartphone Samsung Galaxy, a aplicación chega a por o botón de “play” activado, pero nunca se vota a andar. Nin voz, nin imaxe, nin corre adiante o reloxo. Podo esperar. Non hai prisa. O curioso é que se seguen a dar xeitos de ver as canles, pero o cliente continúa a non ter unha aplicación áxil para obter unha imaxen sintética pero completa da programación. Unha grella adaptada tanto ao seu produto, coma aos seus intereses. Sería positivo dispor dunha grella na propia TV, substituíndo a algunhas funcionalidades un tanto devaluadas (Pulsar OK para ver o que xa sabes que ves, e que che ofrezan algo do rebobina que xa sabes que hai, tendo que dar adiante por ducias de canles). Pero, máis alá diso, desenrolable moito máis rápido e con menor custo, non entendo por que a APP móvil non dispón hoxe dunha grella flexible nestes termos. De feito, tedes todos os datos dos contidos xa no voso sistema. ¿Que custa que cando emitan unha película de Michelangelo Antonioni a min me salte un aviso da APP no smartphone? Moi pouco. É un desenrolo sinxelo. Ciclo curto. E coma este, poderían nomearse unha ducia máis. (O meu favorito sería que o cliente puidese ver esa grella e deslizar con sinxeleza os contidos do seu interese ata unha axenda persoal onde colocalos no intre futuro onde os vai poder ver; que o sistema o avise entón, que o sistema lle avise se non é posible nesa data; e que ese sistema o avise de ter novos contidos que compren os seus parámetros que poder engadir á axenda). Ideas efectivas, desenrolos curtos, funcionalidades útiles, e sinxeleza no uso. Por ese camiño podedes darnos moitas alegrías aos clientes. Só é cuestión de imaxinación e programación.

    5) A GUERRA. No departamento de Recursos Humanos deberíase programar unha actividade indoor na que, a falta de novos tambores…, podíades reunirvos e ver xuntos “Sopa de ganso”. Nela, no medio dun grande auditorio onde se celebra un xuízo, pásase dunha aparente paz, de supostos e surreais razonamentos, a unha guerra real, onde todos acaban gritando e bailando ao son de “¡The war!!”. Iso é hoxe o voso sector, unha absoluta guerra. Unha efervescencia esttutural que mergulla e crece en cada área, non coma suceso, senón coma nova maneira de facer negocio. O sector da TV de pago é unha guerra brutal, onde todos están a dar pasos na tencoloxía, nos contidos, ou na configuración das súas ofertas. Nos móviles xa ven séndoo un tempo, e ahí soubéchedes movervos mellor que na TV. Nas conexións e telefonía fixa, todo cambia porque cambia o resto dos servizos, e, ao mesmo tempo, o Señor Alierta advierte novos partidos onde comezar novas guerras. E para sobrevivir, ahí, xa non falo de triunfar, hai que moverse moito; en tódolos ámbitos, áreas, e plantexamentos. Sin embargo, cecais pola “fusión” con Euskaltel, cecais por un certo agotamento estratéxito, R leva un tempo que non da a imaxe pública de ter plans específicos de nada. Os seus clientes non están a esperar ninguna grande novidade, salvo o famoso 4G, que a maior parte da poboación aínda non utiliza nin nas outras operadoras (…). Non lembro a última vez que entrei neste blog e saín ca impresión de que ogallá pronto chegue X para que dende R poidamos obter Y. Non estades a xerar “hype” ningún. E a imaxe, unha vez máis, conta moito. A imaxe é a marxe do cauce no que se move a xente. E sí, isto é a guerra.

    Para finalizar, quero felicitarvos, con rotundidade, pola calidade de imaxe que ofrecedes tanto nas emisións en directo, coma nas gravacións do Rebobina. Algún día, cando algúns marchen de R, e comproben outros niveis de calidade e compresión, descubrirán que o seu ollo se tiña acostumado -silenciosamente- a algo moi bo que xa non terán diante. Porque o ollo, en termos de calidade de imaxe, só fala cando se queixa, non cando se acostuma.

    Grazas polo Rebobina, e ogallá siga mellorando. Se pode ser, un pouco máis depresa. Un pouco máis imaxinativo.

    Un saúdo,
    Víctor.

    PD: ¿Quen ten a culpa do macarrónico formato “teletexto” dos subtítulos que ofrecedes na meirande parte das emisións? ¿Vós ou eles? Agardo que o segundo. 😉

    • Ola, Víctor.

      Antes de nada, grazas, porque habitualmente cando escribes é un comentario moi currado, feito con tempo e reflexión, polo que é de agradecer.

      Vou ao tema.

      No punto 1, no relativo aos pequenos problemas, hai que destacar que a programación do rebobina “vive” da programación das canles. É dicir, nos son contidos que lanza ou decide R, senón que son emisións das canles. Así que poñemos a disposición dos clientes o que se emite e, ollo, o que nos permiten. Xa que nós non temos eses dereitos. Precisamos da súa autorización. E cada canle manda a diario que permite e que non permite no rebobina.

      O da mala imaxe, pois é unha cuestión de opinión. Pode haber contidos que se repiten, pero un cliente pode que non vira algo ou podemos ter clientes novos que queiran ver eses contidos. Loxicamente nós non podemos modificar a programación dunha canle nin ten sentido sacar contidos porque xa se emitiran.

      En canto ao filtro dos contidos por data de emisión, podes seguir facéndoo no botón “series”, “docus”, “deportes”, “informativos”, “shows” e también se pode filtrar se entras por canles.

      Sobre o etiquetado de xénero-subxénero, etc. vén así das canles ou provedores de contidos. En canto a que solucionar estas cousas non ten custo, sentimos discrepar, pero modificar estas cousas que nos chegan así, requeriría revisar toda a base de datos, cambiar a outros criterios e isto alguén o ten que facer e por tanto necesita de persoal e tempo, o que se traduce nun custo económico.

      No relativo ao punto 2, ao catálogo, a meirande parte dos títulos son os que programan as canles e dependen das fiestras de visionado que se lle impoñen por parte dos estudios (Majors).

      Sobre o que se engade no rebobina, non podemos facer ningunha enquisa. O tema depende unica e exclusivamente das canles, que nos indican que se pode ofrece, por unha cuestión de dereitos dos contidos audiovisuais.

      Por outra banda, ti podes ver unha película ou unha serie na televisión, e tamén mercala. Se un contido que está como pagamento está dispoñible na parte gratuíta (cunha determinada vixencia) non imos sacalo da parte de pagamento, xa que é un contido ofrecido polas distribuidoras e está dispoñible para ver cando se queira, mentres que o outro contido está de forma puntual. Non ten sentido andar metendo e sacando os contidos.

      No de marcar algo como visto e demais, estamos a traballar no tema. Que poidas seguir series, recomendacións, ver máis tarde, etc. Sinxelo? En absoluto. Oxalá, pero non 🙂

      En canto a Play Doc, tanto ese servizo de subscrición como o de Tolemias,son os únicos servizos de R que teñen presenza constante na portada de rebobina R. Lanzamos tamén de xeito habitual campañas de lanzamento, como boletíns ou publicamos cada mes no blog as novidades. Ooutra cousa é que os clientes non o queiran contratar ou non lles interese 🙁

      Sobre o custe despreciable no uso do rebobina para outras cousas, tampouco é así. É unha plataforma bastante cara, na que habería que investir para ofrecer aínda máis horas de contidos, que dependerán tamén de temas de dereitos. Non se poden ofrecer cousas sen máis.

      Entrando no punto 4, no de que a TV no colla o sinal directamente, non sei ben que dicirche. A conexión a través de HDMI é certo que non é como o euroconector (co que si saltaba automaticamente R). No caso do HDMI normalmente o televisor “arranca” na última fonte (source) onde se apagou, pero está claro que pode haber casos que se nos escapan porque hai comportamentos estraños con algún modelos.

      Sobre as ideas da app, están moi ben. Pero de novo entramos en cuestións de tempo, de recursos e de que non son cuestións sinxelas de desenvolver. Agora estamos comezando, vemos que hai moito que pulir no básico (no acceso aos contidos), polo que unha vez superada esa fase entraremos noutros puntos.

      Agora ben, é certo que xa estamos a traballar en cousas como as que dis: grella de programación, avisos (que xa hai a través da web), etc.

      Sobre o último punto, o de que non hai novidades, ben ves que aquí anunciamos unhas cantas: chegada da app, notas nos contidos do rebobina, botón verde para ver o seguinte capítulo dunha serie, 10 megas gratis no desco (un proxecto que levou tempo e que non é nada doado, aínda que agora se diga que para 4K queda curto, cando hai estudo que din que o parque de televisores HD en España non chega nin ao 50%), reforzo da rede wifclientesR, novas tarifas móbiles…

      Realmente estamos a traballar en moitas e aquí sempre informamos delas. Agora ben, somos unha empresa cotizada, estamos na Bolsa, polo que non podemos facer anuncios previos sobre produtos ou servizos sen que haxa nada, porque non nolo permiten, porque pode influír na cotización.

      Para rematar, o formato teletexto depende das canles 🙂

      Un saúdo e graciñas de novo!

  6. Víctor di:

    Boas tardes.

    Moitas grazas pola túa resposta, e polo tempo que empregaches nela. É de agradecer. Nembargantes, non penses que as miñas pequenas e heteroxéneas opinións son froito de tempo e reflexión. Máis ben ao contrario: son opinións dun cliente máis soltadas en bruto. Se fora máis currado coma ti dis, non tería repetido algunha cousa sobre a cal xa vos falara anteriormente. (…) Dinme de conta ao intentar saber que puxera antes ler a túa amable resposta días despois. Pero non. As revisións maila reflexión as deixo para proxectos do traballo. Sin embargo, coma cliente é moi interesante poder trasladar as miñas/nosas inquedanzas ou necesidades así, abertamente. Se logrades que moita xente faga isto en conxunto pode ser moi interesante. Ou perigoso 😉

    Os contidos.

    Respecto a túa/vosa opinión, pero, hoxe, na contorna actual, argumentar que “isto é o que nos dan/permiten as canles” xa non é unha divisa válida. Sodes responsables –e ese é o voso negocio, mási nun medio que integrou no seu conxunto os seus servizos coma oferta habitual- os responsables de ofertar un servizo de TV que satisfaga, colme, ou motive aos vosos clientes a pagar un diñeiro por el. Esa é unha acción ex profeso: pagar por iso, nun primeiro intre, non se fai por inercia.

    E coma responsables de configurar esa oferta con ese obxectivo, sodes quen ten que realizara as xestións, e operacións, que sexan necesarias para cumprir cos vosos compromisos, e liñas de negocio. Se o que vos ofrecen/permiten as canles, non chega, per-sé, ou fronte á competencia, entón non queda máis remedio que buscar as castañas por outra beira. Movistar ten os seus contidos propios. Vodafone e Orange se achegaron a Netflix, e aquí quen máis e quen menos vai deseñando o seu camiño cara adiante. Non ficando quedos. E nada peor que un cliente que pensa que lle dan “menos” que ao veciño. Iso só se soluciona poñendo en valor o que un ten, ou camiñando. A oferta das canles pasou de ser un extra, a ser un atributo básico do servizo: case todos tedes practicamente as mesmas, con algunhas variacións. Corolario: ninguén vai a valorar adicionalmente o servizo de TV de R por iso.

    E tedes cousas boas, moi boas. Eu, persoalmente, creo que non trasmitíchedes abondo os beneficios da calidade do voso sinal, ese espléndido bitrate (nalgunhas canles, outras imos a pensar que é o proveedor…). Pero a batalla na TV hoxe xira en torno a dous termos: contidos adicionais máis aló da base de canles, e fútbol. E hoxe xa tampouco tedes fútbol. Pois logo, só queda camiñar. Novos retos.

    [Falando disto con algún compañeiro, sempre quedo en dúbida de que datos reais manexaredes a nivel interno sobor das preferencias dos clientes que usamos a TV en R, os datos de audiencia. Dicir o anterior sen unha referencia a iso pode ser toda unha voutade. Pero, coido que no contexto actual non deixa de ser axeitado]

    O Rebobina.

    Fai tempo alguén me dixo que do que se pode incluír no Rebobina, alguén seleccionaba que incluír, o máis propicio. Ti me dis que é a canle que dita o que incluír. Pode ser. Pero no Rebobina tedes tres grandes retos: as gravacións, onde aínda se poden engadir máis canles da propia grella de R (sí, cun bo custe,… é evidente); os contidos de pago, que dende que se modificou o concepto de catálogo quedou un tanto desvaído, con films vellos a prezos extranos, carencia absoluta de series de pago, clientes de TV Total que xa non teñen nada “gratis”, perfiles de films redundantes, e nichos e etapas de films, documentales, e series, ás que nunca se acude; e, por último, o desenrolo técnico.

    Dixéchesme que no Rebobina ofrecedes o que as distribuidoras vos dan. Pode ser. E comprar un paquete implica ter que aturar algunhas cousas. É certo. Pero nunha perspectiva máis ampla, á hora de configurar a oferta de TV de R, e, por exemplo, de cine, pódese optar explicitamente por un modelo ou outro, fornecer un perfil de cliente ou outro dotando a ese catálogo de presencias e atributos específicos. Se o catálogo ten unhas carencias, ¿que vos impide solventalas? O 75% películas posteriores ao ano 2000. Se se ordean por ano descendentemente, as primeiras que se ofrecen son maiormente films de serie B de grandes terremotos e dinosaurios radioactivos. Non falla. ¿Iso é o que quere o cliente de R, ou é unha carencia? ¿Pódese facer máis? Vós, por poñer un exemplo, comprades habitualmente dereitos de emisión a “A Contracorriente Films”, unha compañía moi interesante. Olla este enlace:

    http://www.acontracorrientefilms.com///upload/ficheros/paginas/201603/tv_catalogocompleto_indice201603.02.pdf

    É o seu catálogo para TV. Só con esa lista, dun único provedor, xa se pode configurar unha oferta precisa cara un lado ou outro. Da opcións moi diferentes. Pero sodes vós os únicos que sabedes o que precisan, e requiren, os máis dos vosos clientes. O que de verdad necesitades. Pórme a min contento non vos vai facer incrementar a conta de resultados. Pero por a un perfil concreto de cliente descontento si a pode facer minguar. Entón: ¿chega a configuración de contidos do Rebobina a satisfacer aos perfiles de clientes máis propicios a usar o Rebobina? ¿É este dato trascendente a nivel operativo?

    Non o sei. A min gustaríame que mellorara. Por iso o digo coma cliente. Que logo iso vos conveña ou non, o sabedes vós. Eu nun teño datos. Pero si sei dalgunhas carencias sobre determinados perfiles de clientes nos cales eu creo que me inclúo.

    Sobre o desenrolo técnico, creo que xa transmitín a miña carta aos reis magos a anterior vez, ou algunha máis (…) Sí creo que podedes facer máis, falta comunicación co cliente. Non grandes proxectos, senón, unha vez máis, solucións sinxelas. ¿Que desenrolo hai que facer para indicar canto vai a estar dispoñible unha estrea de pago para a súa compra?

    Cando vos dixen que o crecemento do Rebobina ten un custe despreciable non foi unha boutade. Claro que ten custe. Pero é que só pode crecer. E debe crecer. E partindo desa obriga, pódense facer moitas cousas. Con imaxinación, ilusión, e unha certa noción do apaixonantes que son determinados desafíos. Porque ese custe terá que ser asumido: debe crecer, “¡Debe ser así”, que dirían nunha empresa xermana. E engadir un valor relevante a través diso depende de como o fagades. Por iso, coma cliente, boto de menos algunhas cousas.

    Se te fixas, todas estas percepcións, totalmente subxectivas, non son inconexas, ou tan dispares ou individuais coma podería parecer. Xuntas conforman a necesidade de debuxar un modelo de TV adaptado a este novo contexto. Que a súa estrutura sexa adaptarse continuamente. E si se poden facer máis cousas. Porque aquí non falamos de incrementos cuantitativos, senón de axeitar unha oferta. Sobre todo cando, probablemente, á maioría dos clientes de R non lle interesan demasiado as películas B de catástrofes con grandes terremotos e dinosauros radioactivos.

    [Algún día alguén terá neste sector que redimensionar a xerarquía de prezos. As mesmas distribuidoras que vos empurran a poñer a 4.99 € unha estrea en streaming, en moi pouco tempo permiten que Media Markt venda esa película en Blu-Ray con aínda maior bitrate, DTS-HD 5.1, e contidos extras, por só 4.98€. Estanvos a facer unha curiosa faena.]

    Os desenrolos

    Teño unha curiosidade que non sei se vas a poder respostarme. Sei que tedes determinados desenrolos a nivel interno, e outros por fora. Pero, o equipo que estea a desenrolar as aplicacións do Rebobina, ¿cantas persoas son?

    [No tema do etiquetado ninguén pide que R refaga unha base de datos enteira. Pero o máis difícil xa está, ter esa base de datos. Hai cousas que se poden corrixir automaticamente, coma facer que os longametraxes de determinadas canles aparezan si ou si na listaxe de “Nenos”. Outras requiren intervención. Pero se non quereres inverter niso, ao mellor hai que establecer outras ferramentas, coma a que permite agora avisar dun erro no rebobina. Cando na fin de semana lle busco películas de debuxos animados á miña filla, teño que ver en “Cine”, en “Nenos”, e ás veces tamén nas canles individuais, para poder dar con todas. E anque sexa incómodo para vós, ou incluso supoñe un traballo, ofrecer unha boa escolma de contidos, se o cliente non os pode atopar con facilidade non vale para moito]

    Falar co cliente

    ¿Cando foi a última vez que se fixo unha escolma das intereses reais a nivel operativo dos clientes, máis aló dos datos proporcionados polo consumo e o que poidades aportar vós coma rede social? Sego a pensar que preguntarlle á xente, ou permitirlles sentir que elixen cousas, incrementa a fidelidade. E a súa presenza.

    Tedes recursos limitados. Hipótesis. Se pensárades en incorporar a opción de Canal+ Series a 4.95€/mes, ou ben optar por inverter esa dotación orzamental en engadir Sundance Channel, Panda TV,…etc, ao Rebobina, ¿como saber mellor que cos propios clientes o que máis lles interesa?

    Por certo, anímovos a facer unha sinxela enquisa. Calculade a porcentaxe de clientes de TV que son capaces de describirvos con unha mínima nitidez qué é o Play-Doc. Pode ser revelador. E significativo.
    Hai unha certa comunicación unidireccional que se perdeu cando desapareceu a revista.

    O meu problema por non saltar a TV a R

    E outra vez creo que co de escribir sen pensar non me debín explicar ben. Teño un bo trebello, Panasonic AX800, gama alta 2014, que se levaba moi ben co voso desco. Tiña a TV na TDT, e cando encendía o desco, a TV cambiaba automáticamente a R. Se tiña a TV no reproductor de Blu-Ray, e encendía o desco de R, tamén, automáticamente a TV pasaba a R.
    De feito, cando por algún motivo reiniciabas o desco, no proceso de carga había un pequeno intre no que a TV saltaba a R, para logo volver ao seu lugar.

    Todo iso sempre foi así co desco HD, incluso con outros aparatos de TV que tiven na casa.

    Pero dende unha actualización que realizáchedes o ano pasado, ao encender o desco xa non salta: a TV xa non pasa a R. Non automáticamente. Hai que facelo a man seleccionando na TV o HDMI no que está conectado o desco. Por este motivo, se non estou eu, a miña filla non ve R; e algunha persoa ou ocasión na casa tampouco.

    Non é que a TV se leve mal ou ben. É un cambio ocorrido a partir dunha actualización do software do desco. E non creo que vos interese moito que haxa clientes que poidan ter este problema. Eu mesmo levo así bastantes meses, e acabo facéndolle eu o cambio a man, pero algo se fixo nunha actualización que nunca se chegou a solventar.

    Carta aos Reis Magos

    Os desenrolos no desco están a ser moi lentos, e calquera día quedará obsoleto. Olvidarvos do disco duro. Poñede un servizo de gravación na nube. Canto menos sde dependa do hardware, mellor.

    Unha canle de contidos 4K. A competencia xa está niso, dun xeito ou doutro. E é certo que aínda quedan moitas televisións que non son HD, pero vai a unha tenda a intentar comprar unha que non o sexa. O mellor da calidade de imaxe en HD, ou do 4K a medio plazo, é que ten un certo efecto arrastre. Non porque a xente o necesite, e nen sequera porque o vaian a utilizar, senón porque as gacelas máis frikis, esixentes, ou afeicionadas, poden chegar a tirar moito. Ou ben, anque non o fagan, que tiren cara outro lado pode chegar a ser peor.

    [Non me dera conta, cando escribín a anterior mensaxe, que agora estades cotizados. Non podes facer anuncios ca liberdade de antes. Pero iso non implica non tentar remexer aos clientes, e fornecer a vosa propia imaxe entre eles. Coma hoxe co retwiteo do artigo falando da rede propia 4G.

    Despedida

    Estades nunha guerra. Simpática, coma a dos irmáns Marx, ou desesperante, coma pensarán no voso departamento financeiro. Pero sobrevivir implica camiñar. E a min, coma a outros moitos clientes, seguro, caédesme ben. Sodes vós, os da casa. Pero agora estades nunha coxuntura. E non podedes deixar de selo.

    Son un simple cliente de R que quere seguir séndoo. Gústame a vosa empresa. Non quero voltar a onde marchei. E non é peloteo: non traballo en R, nin en ingún provedor, non teño accións, na miña vida vos mandei un currículo, e non odio a Telefónica ou á vosa competencia. Caédesnos ben. Sodes unha boa compañía.

    Pero a confianza gáñase. Sen parar. Ou pérdese.

  7. manuel m. romero regenjo di:

    Suscribo, punto por punto, todo lo dicho por Víctor y añado que Rebobina debería mejorar en más aspectos. La pasada semana, intentando ver una película, no pude hacerlo y la respuesta que me dieron es que ya había pasado la fecha límite para su proyección. En este caso, no debería figurar en la programación.
    Por otra parte, en efecto, una posibilidad de grabar algo, para verlo más tarde, es importantísima, a mi modo de ver.
    Las películas (soy muy cinéfilo) son repetidas muchas y muchas veces las mismas, lo que significa que hay muy poca renovación en los géneros y títulos
    Por otra parte la información que se facilita es incompleta. Baste, para ello, el ejemplo que anunciáis hoy: la proyección de EL RENACIDO en Rebobina. No decís en qué canal se va a realizar.

    • Hola, manuel.

      La información es correcta y completa. Como sabes, en el rebobina hay dos partes: una de contenidos de estreno y contenidos exclusivos, como Tolemias y Play Doc. Y hay otros contenidos asociados a cada canal. Cuando hablamos de que algo se estrena en rebobina es precisamente un estreno, como el caso de El Renacido. Es entrar en rebobina y ya ves el contenido en la portada. En todo caso, en el buscador se puede localizar el contenido.

      Un saludo.