menú

AMC, nova canle en aberto

30/03/2016
Blog R

A partir do 1 de abril, AMC (dial 2) tómalle o relevo a FOX (dial 20) e emitirase en aberto para os clientes con tv mini, tv series e para aqueles que teñan un televisor DVB-C (con sinal de cable).

Os clientes poderán desfrutar dos contidos que ofrece AMC de forma promocional durante os próximos 3 meses, ata o 30 de xuño. Unha vez finalizado este período, seguirán desfrutando desta canle se contratan as opcións tv familia ou tv total, que inclúen un gran número de canles como TNT, TCM, AXN, Calle 13, Cosmo…

AMC é unha canle de entretemento que destaca pola calidade e a variedade dunha programación centrada nas mellores series orixinais de gran éxito e películas aclamadas pola crítica.

Entre as series destacan algunhas como: ‘Breaking bad’, ‘Mad Men’, ‘Fear The Walking Dead’, ‘El Infiltrado’, ‘Lucky Man’, ‘Into the Badlands’, ‘Halt and Catch Fire’…

O cine completa a oferta de AMC. A aposta da canle polo cine é ampla e variada con títulos como: ‘Rush’, ‘Red 2’, ‘El mensajero’, ‘Death Race: La carrera de la muerte’, ‘El solista’, ‘La dalia negra’… e moitos máis!

Fonte do GIF.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. Jorge Barale di:

    ¿¿ debo entender que el canal 20 fox desaparece de la parrilla o entra en algún nuevo combo ???
    Saludos