menú

David O. Russell vs Los Clásicos, en TCM

16/09/2016
Blog R

O sábado 17 e o domingo 18 de setembro, TCM (dial 3) organiza un dos seus habituais cara a cara; neste caso, entre o neoiorquino David O. Russell e os seus referentes clásicos.

David O. Russell é un director esixente, e traballar con el, polo que se conta, non é nada fácil. Adoita chamar aos intérpretes a horas intempestivas, discutir con eles e cambiarlles as liñas do guión no último momento. Polo menos, pode presumir de darlles moi boa sorte. Christian Bale, por exemplo, gañou o
Óscar a mellor actor secundario por ‘The Fighter’ e obtivo unha nominación máis por ‘La gran estafa americana’. Jennifer Lawrence converteuse na nova ‘noiva de América’, conseguindo o premio da Academia por ‘El lado bueno de las cosas’ e foi candidata por ‘La gran estafa americana’ e ‘Joy’. Algo parecido pode dicir Melissa Leo, mellor intérprete secundaria do ano 2011 por ‘The Fighter’. Bradley Cooper, Amy Adams, Robert de Niro e Jacki Weaver tamén rozaron o dourado galardón con películas súas. Ademais, case todos os actores volven traballar con el. Quizais David O. Russell non sexa tan fero como o pintan.

Como en ocasións anteriores, os xornalistas Desirée de Fez e Quim Casas debaten sobre a filmografía do director e tentan atopar vínculos co pasado. Ademais, o especial está acompañado por dous dos mellores títulos que filmou David O. Russell: ‘The Fighter’ e ‘El lado bueno de las cosas’.

A carreira como realizador de David O. Russell non é moi extensa, inclúe oito longametraxes, pero a súa repercusión nos últimos tempos foi considerable. Retratou a primeira Guerra do Golfo en ‘Tres reyes’ e analizou a vixencia do chamado soño americano en títulos como ‘The Fighter’, ‘La gran estafa americana’ ou ‘Joy’. As súas películas caracterízanse por un ritmo frenético, diálogos rápidos e enrevesados, e por contar cun elenco coral, con multitude de personaxes que van entrando e saíndo das escenas, compoñendo un completo e variado retrato social.

Sábado 17 de setembro
19:00 h: ‘Doctor Zhivago’ (‘Doctor Zhivago’, 1965)
22:00 h: Selección TCM: David O. Russell ‘The Fighter’ (2016). Estrea
22:15 h: ‘The Fighter’ (‘The Fighter’, 2010)

Domingo 18 de setembro
16:30 h: ‘Historias de Filadelfia’ (‘The Philadelphia Story’, 1940)
18:20 h: ‘Arsénico por compasión’ (‘Arsenic and Old Lace’, 1944)
20:15 h: ‘Hannah y sus hermanas’ (‘Hannah and Her Sisters’, 1986)
22:00 h: Selección TCM: David O. Russell ‘El Lado bueno de las cosas’ (2016). Estrea
22:15 h: ‘El lado bueno de las cosas’ (‘Silver Linings Playbook’, 2016)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios