menú

Concurso: “De que documental de Nat Geo Wild che gustaría ser testemuña directa e por que?”

20/08/2015
Blog R

Ola a todos. Do 23 ao 28 de agosto emitirase o Sharkfest en Nat Geo Wild (dial 55), que arrancará emitindo de xeito simultáneo en National Geographic Channel (dial 50) ás 17.40 e que, como sabedes, está en aberto para todos os clientes da televisión R. Trátase dunha programación especial centrada nos tiburóns, un dos animais máis antigos e estraños da Terra.

O domingo 23 teredes ocasión de desfrutar do documental “Tiburóns espeluznantes”, unha produción que amosa o raros que poden ser as quenllas: hainas lentas e filtradoras, outros que viven nos fondos mariños e parecen peixes gato…

O luns 24 de agosto (17.40h), chega “Alerta en América: tiburóns” que amosa en profunidade como se comportan estes animais, abarcando unha ampla variedade de especies que habitan nas augas costeiras dos EE.UU.

As seguintes estreas son varios episodios da segunda tempada de “Cando os tiburóns atacan”. O primeiro é “Terror hawaiano” (25 de agosto ás 17.40 horas) e “Augas profundas” (26 de agosto ás 17.40 horas).

Como detalle, Nat Geo Wild quere sortear entre os clientes de R que sodes seguidores da canle catro packs formados por un kit de buceo, un libro e unha bolsa de National Geographic. Para participar, hai que enviar un correo electrónico a quecheparece@mundo-r.net co asunto “Nat Geo Wild” respondendo á pregunta: “De que documental de Nat Geo Wild che gustaría ser testemuña directa e por que?”. Hai que indicar o nome, apelidos e DNI do titular do servizo en R.

kit Nat Geo Wild

O prazo para participar remata o xoves 27 de agosto ás 23:59 horas, así que dádevos présa 

Bases do concurso

Velaquí os gañadores:

  • Carmen Santiso
  • Delia Castro
  • Manuel Vila
  • José Antonio Pallero
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

  1. Pablo di:

    Hola, entiendo que la fecha límite para participar es el 27 de agosto ¿no?

  2. rita valderrama betancourt di:

    Hola mi nombre es Rita y tengo 44 años y soy amante de la naturaleza y me encanta los documentales k pasan en la tv y cada que los veo me veo hay en esos hermosos paisajes juntos a esos hermosos animales a un que peligrosos a la vez y a un que gamas estare juntos a ellos ………..permítanme felicitar a los expertos y ranadores de los programas por tan excelentes expediciones,paisajes y animales salvajes…….Hermoso