menú
desconexión total

A&E sortea unha fin de semana para dous de “Desconexión total”

04/07/2016
Blog R

O luns 4 de xullo ás 22:00 horas estréase o programa “Desconexión total” en A&E (dial 53) e, para celebralo, a canle sortea entre os nosos clientes tres fins de semana para dúas persoas.

Para participar é preciso ser cliente de R e responder á seguinte pregunta relacionada co programa que empeza o 4 de xullo ás 22.00 horas: “A familia Bastelli decide finalmente facer unha oferta pola casa e quedar desconectada en Hawai?“.

Indícanos a resposta correcta e dinos tamén cal é o lugar de Galicia no que desconectas e por que. As tres respostas máis orixinais levarán o premio. Envíanos as resposta a quecheparece@mundo-r.net co asunto “Desconexión total”, indicando o nome, apelidos e DNI do titular do servizo.

“Desconexión total” segue a diversas familias estadounidenses que están pensando en deixar a súa vida na cidade e asentarse nun lugar máis tranquilo. En cada un dos episodios a familia visitará tres zonas nas que lles gustaría vivir e seleccionarán unha vivenda na que vivirán tres días aillados e aprenderán a ser autosuficientes. Ao final da estancia decidirán se son capaces de vivir desconectados ou necesitan volver á cidade.

Engánchate a “Desconexión total” e contesta canto antes ás preguntas para poder gañar unha escapada de fin de semana.

O prazo para participar finaliza o sábado 10 de xullo ás 23:59 horas. Bases legais.

ACTUALIZACIÓN: Os gañadores do sorteo foron:

Mª Esther Mazaira
Ángel Martín
Adelino Cobas

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.