menú

10 novas canles en rebobina

30/06/2016
Blog R

Que non se diga. Tiramos a casa pola fiestra nun dos teus servizos favoritos: rebobina. Porque tes, nin máis nin menos, que 10 novas canles. Agora o problema vai ser que ver cada día, porque se antes xa tiñas miles de horas dispoñibles de películas, series, documentais, programas, realities… pois agora isto vai ser o conto de nunca acabar con tanta fartura de contidos.

Os galegos somos así. Se algo nos gusta, pois toma dúas tazas  De feito, tiñamos xa 34 canles en rebobina e agora o salto é importante, porque contas con 44 de distinto tipo. Deste xeito, ti mandas na televisión, desfrutando dos teus contidos favoritos cando queiras.

E que canles se incorporan a rebobina? Vamos ao tema:

  • Canal+ Estrenos: é a canle co mellor cine de estrea e, cando a lanzamos, moitos clientes preguntaron se estaría en rebobina. Pois si, agora xa tes parte dos seus contidos dispoñibles na nosa plataforma de vídeo baixo demanda. A que mola?
  • Sundance HD: o mellor cine independente e de autor, ademais de grandes series como Crash ou The Principal.
  • Xtrm: series de acción, thriller e ciencia ficción, como Transporter, Team Wolf ou Drácula.
  • Buzz: violencia, terror, acción e instintos primarios. Apto para os que queiran emocións fortes.
  • A&E: a canle da telerrealidade, con programas como Reformas zombies, Entrenamiento Extremo ou ¿Quién da más?.
  • Crimen&Investigación: a canle baseada en crimes e na investigación destes, con programas como Gansgters, ¿Quién es el asesino? e series como Dog&Beth ou Informe Lobatón.
  • Decasa: reformas, decoración, interiorismo, bo gusto e moitas ideas para o teu fogar.
  • Panda: programas infantís que buscan transmitir valores como a amizade e o compañeirismo.
  • Iberalia: documentais sobre caza e pesca.

“Si, si, pero van 9 canles, non 10, como indicades!”. Toda a razón. Pero van ser 10, así que atento porque en breve che contaremos por aquí cal é a décima, que de seguro que non che deixa indiferente  

Un saúdo!

Imaxe de Štefan Štefančík

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

42 comentarios

  1. Carla di:

    El canal panda que viene con TV Familia sale desactivado aun teniendo contratado este paquete 🙁

  2. Terequin di:

    Ola,
    Tiña unha pregunta, porque as canles xeralistas como a primeira, antena 3, etc non teñen o contenido de rebobina en alta definición?

    • Ola, Terequin.

      É un tema basicamente de capacidade do servidor. Tivemos que facer agora una ampliación da capacidade, que implicou o investimento de varios miles de euros e xa que estas novas canles nos daban permiso, pensamos que era mellor ter novos contidos a ter contidos duplicados das xeralistas en SD e HD, porque o problema é que os hai que ter nas dúas versións e ocupan bastante 🙁

      Un saúdo.

  3. @Informaticofeo di:

    ¿Só nas canles que temos contratadas, non?
    Outra pregunta, ¿cómo vai o tema de que marque como ‘visto’ os capítulos vistos en Rebobina?

  4. DAVID G. di:

    Muchas gracias por seguir mejorando el servicio día a día. Cada vez estoy mas contento de estar con R. Y doblemente gracias por el canal XTRM. Es mi favorito!!!! ;-))

  5. Jose R. di:

    Y el canal Somos sabes si se va a incorporar? a mi madre le gustan ese tipo de peliculas y siempre se queja de que no esta en rebobina. Por el resto todo genial, aunque ultimamente no se si es por estos cambios, a veces rebobina se me queda colgado y me salen los errores cod. 556 y 551 y hasta que pasa un rato no me deja volver a entrar aunque desenchufe el desco. Un saludo

  6. Leo di:

    Magnífica noticia. Magníficas incorporaciones, sobre todo la de Sundance y la de Xtrm.
    Ya nos dirás cuánto nos cuesta la opción de Canal + Series y ojalá se pudiera pillar por puntos que no sé que hacer con ellos.
    Saludos

  7. paco di:

    Me mata la definición del canal Buzz! Instintos primarios! jejeje, comúnmente llamado aquí te pillo aquí te mato!

  8. Luís Salas di:

    Ola, lin varias veces por aquí que a capacidade do sistema detrás do rebobina é máis ou menos “sempre a mesma”, polo que entendo que se agora van engadirse 10 novas canles, pasará que se gravarán menos contidos das demais, e/ou eses contidos estarán dispoñibles menos tempo, etc. Equivócome?

    Un saúdo

  9. David di:

    A canle que falta é Canal+ Series, je je je.

    Xa foi anunciado na factura e se pode ver que está no rebobina, pero desactivado.

  10. Roberto di:

    ¿Para cuándo La2 en rebobina? Si está La1, Teledeporte, Clan!

    Esta noticia es muy buena para los que tienen TV Familia o Total, pero los demás…

  11. Norberto di:

    El canal Buzz tiene contenido +18 ,se puede bloquear ese contenido en rebobina o ya no aparecerá en rebobina?

  12. David di:

    Hola canales que están en la tdt en HD,como energy hd por ejemplo,cuando podremos tenerlos en el desco?

  13. Manuel Rey Gómez di:

    Hola.
    He visto los canales nuevos en rebobina, y losque probé, me dice que no puedo verlos.
    ¿Que debo hacer?
    Saludos.
    Manuel

  14. Álvaro D di:

    Hola, en C+Series veo que hay contenidos de series, pero las famosas no están completas, por ejemplo, juego de tronos tiene algunos capítulos sueltos, True Detective o Better Call Saul no están, se esperan incorporar en el futuro? Básicamente contraté el canal por estas series. Saludos

  15. isidro di:

    Muy buenas. Me encanta R, y llevo con vosotros desde el año 2000 (salvo pequeñas temporadas de mudanzas fuera de cobertura) Lo dicho, muy contento, pero me gustaría saber porque hay una limitación de 7 horas en los dispositivos móviles. La verdad es que no lo comprendo

  16. Isabel di:

    Ogallá Vaughan en rebobina on line. Se nalgunes ten sentido é online.

  17. Javier di:

    Hola. A mi también me gustaría que pusieran el canal SOMOS en rebobina. Creo que es un canal que apetece ver de vez en cuando alguna película en concreto y sería fabuloso que hubiera esa posibilidad.
    Yo comprendo que hay que hacer un esfuerzo pero bién lo merece. Si todo el contenido estuviera en HD sería el paraíso. R no tendría rival.
    Saludos!

  18. GUILLERMO di:

    Cuando se podrá disponer de subtítulos en inglés? Es una buena opción para ver películas en inglés y aprender el idioma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*