menú

Reforzamos wificlientesR con conexións de alta capacidade en zonas de gran demanda

06/09/2016
Blog R

Ola. Se es un dos máis de 160.000 usuarios que desfrutas de wificlientesR, tes que saber que vas ter máis puntos á túa disposición para conectarte e navegar sen gastar datos.

O caso é que acabamos de ampliar a rede con 50 novos puntos de acceso de alta capacidade. De boas a primeiras 50 novos puntos fronte aos preto de 110.000 que temos repartidos por toda Galicia non parecen moitos. Pero si o son, se temos en conta que ofrecen maior cobertura, capacidade e velocidade.

Como é iso? Pois por unha banda son puntos wifi instalados en exteriores, pensados para cubrir máis espazo, co que teñen unha maior cobertura. A idea é que nunha praza, nun parque ou nunha rúa con moita afluencia de xente e, polo tanto, de clientes de R, teñas un acceso potente para estar conectado mentres paseas ou falas cos amigos. Un punto normal de wificlientesR ten un alcance máis limitado, polo que para estes lugares estivemos a traballar nesta solución que che vai resultar moi útil.

Ademais, estes puntos wifi soportan moitos usuarios conectados a un tempo. De seguro que algunha te quixeches conectar a un punto wificlientesR e non podías. O motivo é porque eses puntos teñen unha limitación de usuarios, para garantizar a conexión. Nestes novos accesos podemos multiplicar por 20 os usuarios conectados a un tempo.

Ademais, tamén aumentamos a capacidade da conexión. Agora poderás navegar moito máis rápido. Trátase dunha rede wifi, polo que todo vai depender da distancia e demais pero, en condicións boas poderíanse aplicar os tres 100:

  • entre 50 e 100 metros de cobertura.
  • ata 100 clientes conectados de forma simultánea.
  • ata 100 megas de conexión.

Se non tes no teu móbilR configurado wificlientesR, xa tardas. Ademais, agora é moito máis sinxelo, porque ao descargar a nosa app xa che salta un aviso para que o configures. Un clic e listo se tes un Android. E no caso de que teñas un iphone con móbilR, só é descargar o perfil coa configuración e voilá!

E este verán, que tan bo tempo nos está a deixar, continúa a navegar gratis nos máis de 100 concellos nos que temos wificlientesR cando vaias de festa ou de viaxe. Máis de 160.000 clientes xa o están a facer, gastando máis de 3TB de tráfico diario. Pero queremos que sexan máis 

Por certo, que che deixamos o listado con esas 50 zonas con wifi de alta capacidade. De seguro que non contas 50 exactas, pero iso é porque nalgúns sitios puxemos dous puntos wifi:

  • Vigo: Príncipe, Porta do Sol, praza Industria, travesía de Vigo, praza da Independencia e Montero Ríos.
  • A Coruña: praza de Lugo, praza de Pontevedra, praza de Vigo, praza de España, Obelisco e Ramón y Cajal (Catro Camiños-El Corte Inglés).
  • Ourense: praza de Santa Eufemia, parque de San Lázaro, xardíns do Posío, praza da da Mariña, prazada da Estación tren e praza das Mercedes.
  • Lugo: praza Maior, praza de santo Domingo, praza do Campo Castelo, parque da Milagrosa e rúa Raíña.
  • Santiago: praza de Galicia, praza Roxa, parque de Ramírez, rúa da Rosa e General Pardiñas.
  • Pontevedra: xardíns de Vicenti, praza de España, praza da Verdura, praza de San Xosé, glorieta da Avenida Compostela e Benito Corbal.
  • Ferrol: Cantón de Molíns, o Inferniño, Ultramar, praza de España e praza de Armas.

Con calquera dúbida que teñas, aquí nos tes.

Un saúdo!

Imaxe de Toni Hukkanen

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

16 comentarios

  1. Eduardo di:

    Lo quise configurar una vez, y como dices puede que no tenía la cobertura total…ahora no tengo escusa, conociendo un lugar con muy buena cobertura acá cerca de casa, voy en un rato…

  2. Adrián di:

    Pois eu intento configuralo pero na web sempre me di ‘produciuse un erro’, así que agora mesmo na miña liña non poido telo.
    Xa sei que está dito en mil ocasións e demáis, pero co tema da converxencia de Windows 10 e as apps universais, non podedes sacar a app para PC e móbil?

  3. xan di:

    Reitero petición wifiR en zona playas..
    Graciñas

  4. @Informaticofeo di:

    Ya me parecía a mi que en cierta plaza donde antes iba like the ass desde hace unos días va mucho mejor. Os lo agradezco.
    Por cierto: ¿cuántos usuarios por contrato pueden usar esa conexión? Es decir, en un contrato con 2 móviles podrían usar wificlientesR a la vez los dos móviles?

    • Hola, @informaticofeo

      Si cada línea es de móbilR, tienes un usuario para cada línea.

      Por cada línea de móbilR o combo tienes una conexión. La de la línea móbilR es para la propia línea. Y la del combo es para conectarte desde otros dispositivos tipo tablets con wifi o portátiles. Con el usuario del combo puedes configurar la conexión en cinco dispositivos, pero solo conectarte en uno al mismo tiempo.

      Un saludo.

  5. paqueras di:

    Yo podria coger la zona clienteswifi desde mi ethernet desde casa

  6. Orzowei di:

    Yo tengo dos líneas de móvil R y una de empresa de otra operadora . Antes me conectaba a wificlientes con un iPhone 6 que no es de R, pero ahora no puedo. Tengo que hacer algo distinto o directamente ya no me da opción a conectarme.
    Saludos

  7. Javier di:

    Tedes pensado poñer liñas simetricas???
    Todos os operadores da competencia con fibra teñen esa opción.

    • blog R blog R di:

      Ola, Javier

      Como seguramente sabes, en R sempre estamos traballando para mellorar os nosos produtos. Neste caso traballamos para mellorar as velocidades de internet tanto de subida como de baixada, froito deste traballo é que actualmente ofrécense ata 350 Mbps de baixada, pero seguimos traballando para mellorar e cando haxa novidades seredes os primeiros en sabelo.
      Un saúdo

  8. pablo di:

    Penso que poderiades poñer un de alta capacidade na Estacion de Autobuses de coruña, a wifi do concello vai…. bueno, máis ben non vai, e esperar unha hora para o bus faise máis ameno con wifi. Un saudo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*