menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

vinR, para xuntarte sen desprazarte

11/02/2015
Blog R

Ola a todos. Hoxe ímosvos falar de vinR, un novo servizo de videocolaboración que ideamos para lles facilitar ás empresas e aos negocios o contacto con clientes e provedores cos que non se poden reunir fisicamente nalgún momento. Vamos, para xuntarse sen ter que desprazarse.

O certo é que levamos tempo probando varias solucións de videoconferencia pero ata o de agora non atopáramos ningunha sinxela, doada de utilizar e que funcionara realmente ben. Así que finalmente chegamos a vinR, unha solución baseada na tecnoloxía Vidyo que nos permite conectarnos dende calquera ordenador, tablet ou smartphone para contactar con persoas que se encontran noutro espazo: podemos manter reunións de traballo con todos os asistentes conectados a internet e con calidade HD. O servizo permítenos, a maiores de ver e escoitar aos nosos interlocutores, compartir documentos sen necesidade de movernos entre as distintas oficinas. De feito, xa hai dispoñibles 8 salas virtuais.

Seica ao falarvos de vinR algún de vós pensase en Skype… pero en realidade non é o mesmo e hai claras diferencias… Ademais da transmisión do sinal en calidade de vídeo HD, vinR vaise amoldando ás condicións da rede e grazas a esa adaptación dinámica permite establecer reunións con ancho de banda variable e ata un 20% de perda de paquetes sen que se resinta a calidade da conexión. As outras solucións nin sequera se achegan.

Para rematar, en R incluímos un servizo técnico especializado que pode resolver, nun máximo de catro horas, calquera problema que puidese xurdir co servizo. E se tedes dúbidas, aquí volas aclaramos todiñas.

Así que xa podedes comezar a aforrar nos gastos de desprazamento ás reunións de clientes e provedores. Se vos interesa, podedes chamarnos ao 1446 opción 1, ou ben escribirnos a fala-con-R@mundo-R.net

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*