menú

Toda a información de R, no noso blog

25/11/2015
Blog R

Xa o sabiades, non si? Lembrámosvolo, de todos os xeitos, por se andades a buscar información nalgún outro sitio que xa non existe.

Por exemplo, en revista.mundo-R.com (na imaxe, un ‘revival’ de portadas daquela benquerida publicación de R) ou en quecheparece.com; se picades nestes enlaces veredes que se vos redireccionan ao blog de R. Porque todas as novidades e os contidos que cómpre que coñezades sobre os servizos de R atópanse dende hai un tempiño nesta canle que tentamos ir mellorando día a día coa vosa axuda e a vosa interacción, como xa vos comentamos hai tempo.

De feito, a segunda gran función do noso blog é a de manter aberto un lugar de encontro convosco, que sodes a parte esencial da empresa. Os vosos comentarios son para nós referente imprescindible que nos fan poñernos as pilas e tomar nota de temas ou detalles dos servizos de R que se nos poden escapar, dende logo. Así que non deixedes de escribir e de opinar, de verdade, pois é a maneira máis efectiva de mellorar e responder ao que esperades de nós.

Lembrade, polo tanto, que a antiga revistaR, a nosa primeira bitácora (quecheparece.com) e máis toda a información sobre a grella de programación ou as novidades de rebobina, por exemplo, encóntranse ben organizadas no blog de R.

No apartado de quecheparece, como sabedes, están todas as novas relativas aos nosos servizos e tamén aí vos adiantamos cousas dos novos produtos nos que estamos a traballar, a ver se vos gustan (por iso vén tan ao caso que nos deades a vosa opinión, que preguntedes e que critiquedes ). A carón tedes as pestanas de televisión e móbilR e, por último, a de xenteR, onde incluímos, entre outras curiosidades, historias e proxectos de xente de aquí que fai as cousas dun xeito algo diferente, con ilusión e con moitas ganas.

En fin, esperamos que o blog de R estea respondendo ás vosas expectativas… O fío está aberto para vós, coma sempre.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

11 comentarios

  1. Nolito di:

    Grazas por este espazo de libre expresión. Da gusto, non sempre se atopa algo así nunha compañía de internet.

    Por outra banda gustaríame saber se teño maneira de consultar cales son as cancións que soan no 1449 cando chamas para calquer consulta. Pódese consultar nalgún lado? Aproveito para felicitar ó encargado/a de seleccionalas 😉

    • Ola, Nolito.

      Antes de nada, graciñas polo comentario e pola felicitación. Hoxe en día cremos que o usuario e o cliente é o que ten o poder e hai que darlle canles para se expresar. Así que aquí damos voz a todas as opinións, porque é preciso escoitar, explicarnos e interactuar cos clientes.

      En canto ás cancións, estas son as que temos agora mesmo:

      • “Just make me feel so good” de Adam Green y Binky Shapiro.
      • “Á Helene“ de Les tres bien esemble.
      • “This time tomorrow” de The Kinks.
      • “Asleep on a sunbeam” de Belle and Sebastian.
      • “Sing” de Pink Martini.
      • “Engraxador” de Luisa Sobral.

      Vanse cambiando cada tres meses aproximadamente. Se queres coñecer algunha das anteriores, avísame e búscoas 😉

      Un saúdo!

  2. Antía di:

    Hola,

    Existe algún modo de suscripción al blog? De este modo podríamos recibir las noticias que publicáis en el blog en nuestro mail y no nos perderíamos nada.

    Si no existe estaría bien que implementaseis esta opción.

    Un saludo!

  3. edilberto di:

    Tengo el disco detrás del televisor, hay momentos me cuesta cambiar los canales en la tv. en que parte del disco está el sistema de activarlo. Para yo desplazarlo a un lado u otro. Gracias.

  4. Helena di:

    Hola!!
    Vivo en la parroquia de Coruxo, Concello de Vigo, y me gustaría saber si tenéis pensado ampliar la red de vuestros servicios, ya que a esta zona no llega, y en cambio, me habéis llamado varias veces para contrataros en casa.
    Graciñas!

  5. Isabel di:

    Hola. Se este non e o sitio axeitado para o meu comentario por favor decídeme cal é.
    Levaba tempo sen acceder ó servicio rebobina on line. Dado que se estaba decindo que antes estaba en fase de probas eu supuxen que os cambios serían para mellor, pero a impresión que teño e todo o contrario. Moi poucos contidos comparado co moito que había antes, e non poucas veces a calidade é pesima. Especialmente hai alguns problemas de desfase/descordinación imaxe-son que fan imposible aturar ningunha película. Espero que me digades que é problema meu, porque agora mesmo síntome moi defraudada coas “melloras”. Moitas gracias

    • Ola, Isabel.

      É certo que no rebobina online hai menos contidos que no desco, porque os provedores de contidos non permiten tantos. É un tema de dereitos e aí só pode estar o que nos permiten.

      Ao final tivemos que adaptar o sistema con certas medidas para poder seguir ofrecéndoo. Do contrario, non o poderíamos ter, non nolo permitirían.

      Se me escribes a quecheparece@mundo-r.net cos datos do titular do servizo e algún exemplo de contido que se vexa mal ou con desfase, revisámolo internamente.

      Un saúdo e graciñas por escribir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*