menú

Teléfonos móbiles nos que vai deixar de funcionar whatsapp

16/12/2016
Blog R

Sen dúbida é a aplicación móbil que non pode faltar no noso smartphone. O whatsapp é a app estrela, a raíña do Google Play e do iTunes.

É a causa de que esteamos mirando cada pouco o noso terminal, para ver se nos chegou algunha mensaxe dos amigos, familiares ou coñecidos. Ou ben se temos algunha foto ou vídeo nos grupos dos que formamos parte.

Pero a finais deste ano, a aplicación móbil por excelencia xa comunicou que deixará de ser compatible con varios modelos. Como anunciou no seu blog hai uns meses, coa chegada do 2017 varios serán os terminais que deixarán de facer uso desta app. Vexamos o listado:

  • iPhone 3GS/iOS 6
  • Android 2.1 e Android 2.2
  • Nokia S40
  • Nokia Symbian S60
  • Windows Phone 7
  • BlackBerry e BlackBerry 10

Seguramente a quen máis lle vai afectar é aos que teñan un iPhone 3Gs e tamén aos que teñan un Android 2.2 ou inferior. Que móbiles tiñan este sistema operativo? Pois basicamente aqueles que saíron entre 201o e parte de 2012. É o caso do Galaxy S, do Galaxy Ace ou do Galaxy Mini Plus.

Whatsapp comenta que estes modelos “xa non contan coas capacidades necesarias para expandir as funciones da nosa aplicación no futuro”. A empresa mesmo recomenda adquirir un modelo máis recente. Se estás nesta situación, lembra que en móbilR sempre temos terminais recentes dispoñibles.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

  1. Arturo Diaz Diaz di:

    Non teño internet na liña
    ********* es un bq Acusrios U
    e non son capaz de poñelo
    Axuda

  2. Eduardo di:

    ACTUALIZACIÓN: WhatsApp ha extendido su compatibilidad con el Sistema Operativo BlackBerry, BlackBerry 10, Nokia S40 y Nokia Symbian S60 hasta el 30 de junio de 2017.

  3. Jesús M Blanco di:

    No se si he perdido o me han robado mi aiphon 5 en París financiado por vdes.hace 2 años
    Anulen la tarjeta sim y emitan un duplicado
    Pasaría a recogerla a su tienda de C.C. Gran Vía de Vivo
    Gracias por su colaboración
    Jesús Manuel Blanco
    DNI XXXXXXXXX