menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Datas e localidades de crea R

21/03/2017
Blog R

Ola. As próximas semanas os talleres gratuítos crea R permitirán que centos de nenos galegos de diferentes localidades poidan desfrutar da tecnoloxía mentres aprenden.

En cada concello no que terá lugar a iniciativa haberá tres obradoiros, cada un deles para 20 cativos. No primeiro participarán pequenos entre 7-8 anos, no segundo entre 9-11 anos e no último entre 12-15 anos.

Spot de TV

Neste taller os nenos crearán un anuncio audiovisual para un produto concreto. A idea é que potencien a súa imaxinación e creatividade pensando usos fóra dos habituais, que expliquen para que serve, como se utiliza ou por que é necesario, que elaboren pequeno guión e graven un anuncio. Traballarán dese xeito en equipo, desenvolvendo a súa capacidade comunicativa e a súa oratoria, participando nunha experiencia divertida.

Robots

Os cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Datas

Velaquí os concellos nos que se celebrarán os talleres crea R:

  • Burela: 11 de marzo. FINALIZADO.
  • Ribeira: 18 de marzo. FINALIZADO.
  • Ponteareas: 18 de marzo. FINALIZADO.
  • Vilalba: 25 de marzo. FINALIZADO.
  • Monforte de Lemos: 25 de marzo. FINALIZADO.
  • Lalín: 1 de abril. FINALIZADO.
  • Verín: 1 de abril. FINALIZADO.
  • Cambados: 8 de abril. FINALIZADO.
  • Xinzo de Limia: 8 de abril. FINALIZADO.
  • Boiro: 22 de abril. FINALIZADO.
  • Redondela: 22 de abril. FINALIZADO.
  • Sarria: 29 de abril, taller de robótica. FINALIZADO.
  • O Barco de Valdeorras: 29 de abril, taller de robótica. FINALIZADO.
  • Viveiro: 6 de mayo, taller de robótica. FINALIZADO.
  • Noia: 13 de mayo, taller de robótica. FINALIZADO
  • A Guarda: 20 de mayo, taller de robótica. FINALIZADO
  • O Carballiño: 27 de mayo, taller de robótica.

Convites

Lembra que a asistencia a estes talleres é gratuíta. Están dispoñibles tanto para clientes como non clientes de R.

Para ter a túa invitación, só tes que ir ata a tenda R da localidade e reservar praza. Así de sinxelo! 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

17 comentarios

  1. Xan di:

    Non hai en Pontevedra? Se vós interesa organizar obradoiros tech estamos a facer unha actividade para cativos de Raspberry Pi, scratch e robótica. Sería moi interesante e moi barato para R.
    Grazas

  2. xose Manuel di:

    moi recomendable…. estiven no de ponteareas… e perfecto. grazas

  3. José Martínez-Romero Gandos di:

    En Arteixo (A Coruña) hay muchas familias con niños en edad escolar. No hay más que ver el parque alrededor del Centro Cultural. ¿Cuando talleres en esta localidad cercana a A Coruña? Gracias.

    • Hola, José.

      En cuanto vayamos cerrando más fechas y lugares, los iremos publicando aquí.

      No lo haremos en las ciudades, porque siempre nos dicen que todo hacemos todo en los grandes núcleos. Nos encantaría estar en todos ayuntamientos, pero va a ser imposible. En todo caso, ya con los talleres anunciados participarán 780 niños. Y habrá muchos más talleres, por supuesto.

      Un saludo.

  4. Alicia di:

    Y en ayuntamientos de A Coruña no se harán?

  5. Isa Iglesias di:

    Hola.En Santiago porqué non?
    Queremos porfavooor

  6. oscar di:

    gran iniciativa. ojalá sigáis con estos talleres y con más ideas sobre niños y jovenes. enhorabuena

  7. Miguel Eirabella di:

    Hola,gustariame asistir o tallere de Sarria,e asi ensinar algun dos robots que teño ,eso si os 15 anos xa me quedaron moi atras,pero gustariame saber se podo ir e axudar/mirar.

  8. BELÉN di:

    E no Porriño? Para cando.
    Mil grazas por estas iniciativas.