menú

Dende o teu móbil, soluciona calquera incidencia na televisión R

03/10/2016
Blog R

Ola. Hoxe toca falar dunha ferramenta que acabamos de implantar na nosa web. Vamos, que é algo recén saído do forno e que de seguro che resulta de utilidade: trátase do autodiagnóstico de televisión.

Como sabes, hai tempo que sacamos a posibilidade de “autodiagnosticar o teu acceso de internet” para que poidas ver ti directamente que está a acontecer, se hai unha incidencia na zona ou se non che chega ben o sinal wifi porque a canle que usas está saturada, porque hai un cable frouxo…

O caso é que como funcionou tan ben e está a permitir en moitos casos unha solución rápida e directa, agora decidimos facer o mesmo pero aplicado á televisión R.

Opcións autodiagnóstico TV

Podes facer o autodiagnóstico tanto dende o teu ordenador como dende unha tablet ou móbil grazas á nosa app. Así, se che falla unha canle, se non vai o mando a distancia, se non che vai a conexión a través de internet ou falla o rebobina, podes ver como arranxalo, xa que che indicamos as solucións máis habituais para este tipo de casos.

O mellor de todo é que podes ver os pasos a seguir en detalle, con fotos de todo o proceso. A idea, claro está, é facelo o máis sinxelo posible porque non somos técnicos 

pasos_autodiagnosticoTV

E se o problema non queda resolto, abrimos avaría, claro está. Sabemos que hai cuestións que non as pode arranxar o propio usuario, polo que nese caso o mira un dos nosos técnicos ou enviamos á túa casa a alguén por se é algo que afecta á nosa rede, cableado ou equipos.

Pero a idea é que poidas solucionar rapidamente esas pequenas incidencias que poidan xurdir, que teñas información de que as causa ou ben abrir avaría se é necesario.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

13 comentarios

  1. Paco di:

    Unha pregunta. Cededes informacion de datos a vodafone? E que non me deixan de chamar e non sei de onde sacaron o meu movil. Gracias

  2. Isabel di:

    ¿Isto vale para o servicio de rebobina na web? Gracias

  3. CARLOS di:

    Acabo de picar en “suscribir”, después de dar mi correo electrónico para acceder a todas las novedades e información de los servicios de R directamente en mi correo, pero no veo que pase nada. No sé si ya está hecha la suscripción o no. Gracias

  4. José Luis Álvarez Fernández di:

    Me parece una de las preguntas con más sentido en los 12 años k llevo jugueteando con el Ordenador, y utensilios o aparatos más obsoletos. Un saludo desde Ourense-Galicia.

  5. Luis di:

    Es evidente que Vodafone tenia acesso a nuestros datos. Fue llegar a un acuerdo con Orange y empezar a machacarnos en las dos líneas.