menú

nubes R agroman sobre Galicia

26/06/2015
Blog R

Ola a todos. Hoxe queremos falarvos do lanzamento dun novo servizo que ten un nome moi orixinal e que de seguro que nunca oístes: nube R 😀 Certamente o nome non sorprende, pero si deixa ben ás claras de que se trata. De feito, o chiste fácil diría que en Galicia deberíamos saber máis de nubes que en California… e esa é a idea, que teñades acceso a un almacenamento máis seguro ou polo menos máis controlado.

Ademais parece práctico, xa que a maioría de nós levamos boa parte da nosa vida no móbil. E sempre temos ese medo de perdelo e, con el, as nosas fotos, contactos ou documentos importantes.
Así que nube R móbil nace coa idea de que poidades gardar unha copia dos datos máis importantes do voso terminal.

A solución para nube R móbil ten app para Android, iOS e Blackberry e ofrece o seguinte:

  • copia de seguridade automática de todas as fotos e contactos (da tarxeta SIM, da memoria do terminal e das contas asociadas). En iOS, iso si, hai que marcar as fotos que queres gardar, xa que non se fai de xeito automático.
  • 25 GB de capacidade para almacenar e acceder á túa información dende o móbil e dende a web.
  • se borras as túas fotos no móbil, non se borran de nube R. Iso é o bo, que tes a copia sempre dispoñible, non se perden.

O servizo ten un custo de 1€/mes e pódelo contratar dende a web.

Agardamos que vos pareza interesante este servizo. E con calquera dúbida, esperamos que nos preguntedes 😉

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

19 comentarios

  1. Manuel Pereira di:

    El servicio me parece bastante bueno, ahora bien la subida o una hipotetica bajada de nuevo de la nueve al movil de las fotos, ese trafico ME VA A GASTAR MI COUTA DE INTERNET MENSUAL ?
    Porque si es asi ya no me parece ni atractivo ni siquiera si fuera gratis jajaaj 25 gb si tengo solo 2 gb de tasa mensual a buena velocidad … naaaaaa no es negocio, estan fallando R estan fallando desde hace tiempo con los nuevos servicios y precios, la balanza siempre tiene que estar equilibrada, marketing gente marketing… no les suena de algo la frase primera de todas en la tapa del libro “… un buen negocio es cuando las dos partes ganan..” !!! les suena ?? … a seguir esforzandoce si peroooooo vamos que la creatividad estan dejando mucho que desear…

  2. zetxek di:

    Blackberry? En serio? No século XXI? (que está moi ben que vos esforcedes por estar en varias plataformas, pero aínda as usa alguén? E a xente que as usa instala apps?!)

  3. Juan Paz di:

    Me sorprende que salga para Blackberry y no para Windows Phone… ¿alguna fecha para este sistema?

    • quecheparece quecheparece di:

      Juan, como indicaba en otro comentario arriba, las apps de Blackberry son prácticamente las mismas que para Android, con lo que no supone ningún coste su desarrollo. En cuanto a la app de Windows Phone, no está previsto tenerla. Un saludo.

      • Adrián di:

        Así que polo vexo os que usamos WP (que de seguro que somos máis que de BB) teremos que empezar a ‘spamear’ nas redes sociais para que saquedes apps tamén para nós… Se ata o Goberno, que ten normalmente apps cutres e mal feitas as fai para nós… A Compañía de Tranvías a ten tamén! Vós que vos dedicades á telefonía, deberiades ter aínda con máis razón.

        • quecheparece quecheparece di:

          Ola, Adrián.

          Como digo, non está previsto que saquemos app para WP. Non é unha cuestión de “spamear” nas redes sociais. A de BB, como explicaba arriba, é a mesma que a de Android, só hai que cambiar unha cousiña e serve a mesma, non hai que realizar ningún traballo extra.

          Un saúdo!

          Un saúdo.

  4. Víctor di:

    Boas tardes.

    Alégrome de que R ofreza tamén este servizo. Hoxe comeza a ser unha utilidade con un certo auxe, e, probablemente, cada vez máis necesaria.

    Nembargantes, é un mercado moi competitivo, e caracterizado por un público moi esixente. A xente á que non lle importa moito que permite e que non tampouco o contrata; aínda lles queda un chisco lonxe. E, de feito, os 100GB que ofrecedes a 3€/mes están a 2€ en varios (moi) coñecidos proveedores. Pero é entendible, estades a comezar un -outro- camiño novo.

    Dado que aínda non ofrecedes moita información en canto a funcionalidade, e que creo que non se pode probar sen contratalo, teño algunhas dúbidas.

    – A app Android, ¿Permite seleccionar de qué carpetas queres facer a copia de seguridade automática das fotos?
    – ¿Non se pode facer copia de seguridade automática dos videos?
    – ¿Qué opcións ofrece a nube para poder compartir un documento?
    – ¿Ten algún xeito de ver todo lo que estás compartindo sen ter que ir arquivo a arquivo, ou carpeta a carpeta?
    – ¿Qué opcións coma visor ofrece a App respecto aos aquivos subidos?
    – Ao sincronizar carpetas, ¿se borraches un arquivo do PC, o borra da nube, ou o mantén ata que o borres da nube? ¿Pode configurarse?
    – A App Android, ¿está en galego ou en castelán? En Googole Play só se ve castelán nas capturas.
    – ¿Existe a posibilidade de sincronizar varios terminais ca mesma nube ou cartafol da nube?
    – ¿Hai aplicación para PC, ou ése fai todo vía interfaz web?
    – ¿Qué medidas de seguridade ofrece R para evitar que una incidencia poida levar por diante os arquivos subidos?

    Moitas grazas polo voso tempo.

    Un saúdo,
    Víctor.

    PD: Aproveitando que facía lustros que non vos molestaba, un par máis, deixando atrás a nube:

    – Antes dunha das últimas actualizacións, cando enchufaba o desco HD, ao ir “cargando”, e a luz azul dando voltas, había un segundiño no que o desco lle daba imaxe á televisión: estaba vendo unha canle normal da TDT, e de súpeto saltaba o desco para volver rápidamente á televisión, e o desco quedar xa ca hora posta, preparado para ser utilizado. Daquela, cando logo encendía o desco co mando, a televisión saltaba automáticamente ao desco: o detectaba, e pasaba a ofrecer o que entraba pola súa conexión. Dende unha das últimas actualizacións, o desco xa non da ese segundiño de imaxe ao estar “cargando”, e casualmente logo cando o encendo o que ofrece etampouco salta na TV: teño que elexir manualmente o seu HDMI. Xa non o fai automáticamente. ¿Por que cambiou iso? Era moi útil. Agora hay que darlle a buscar a súa conexión, e poñela manualmente. E é unha TV Panasonic de gama alta do 2014. Non un trebello vello.

    – O rebobina é un servizo fantástico, pero ás veces hai erros e non os soluciona ninguén. Exemplos: O último capítulo da 4ª tempada de “The Walking dead” só ten audio en inglés, e na primeira tempada de “Breaking Bad” faltan tres dos sete capítulos. Entendo que non podedes estar a ver todo o que hai no rebobina, pero establecer un control automático para que onde debera haber 7 obxectos haxa sete e non catro tampouco é moito pedir. E se houbese algún tipo de canle para trasladar cousas tan simples coma programas do rebobina que non coinciden co seu contido, para que o amañen, ou o retiren, ao mellor algún cliente lle era útil.

    – Unha idea: igual que se poden engadir contidos a unha lista no Rebobina, poder descartalos e que non che salgan máis. Estou canso de ordear as películas por ano e que entre as primeiras 20 a metade sexan de catástrofes ou escualos xigantes.

    – Outra idea: xa que non temos aínda unha app onde poder recibir avisos selectivos seguindo as túas preferencías, ¿por qué non marcalas na web, e ter unha sección no Rebobina de suxerencias verdadeiramente personalizadas? Quero que me avisedes se botan un filme de Antonioni. Ou Tarkovsky. Ou Fernando Esteso.

    😉

    • quecheparece quecheparece di:

      Víctor, velaquí as respostas 🙂

      – A app Android permite seleccionar de que carpetas queres facer a copia de seguridade automática das fotos?
      A copia de seguridade automática faise da carpeta “camera” das fotos que fagas co terminal. Se, por exemplo, queres subir fotos do whastapp poderías crear unha carpeta que se chame whastapp e desde alí subir as fotos que queiras. Estamos implementando a multiselección así que só terías que seleccionar “subir” e seleccionar todas as que queiras.

      – Non se pode facer copia de seguridade automática dos vídeos?
      É unha das melloras que estamos pendentes de implementar. A mediados de agosto-primeiros de setembro estará dispoñible. Poderase establecer a suba automática dos vídeos que fagas co teu móbil ou tablet e se tes outros vídeos que queiras gardar na nube podes subilos ti á carpeta que queiras.

      – Que opcións ofrece a nube para poder compartir un documento?
      Nube R permite dous tipos de compartición:
      – Compartición de arquivos e carpetas mediante un enlace, ó que podes dar un tempo de expiración (por defecto son tres días, podes darlle ata un mes de validez) e establecer un contrasinal, se queres que quen acceda co link ó contido teña que ser alguén o que ti lle proporcionas o contrasinal. Créase un link e podes envialo por correo, por whastapp,… como queiras.
      – Compartición de carpetas colaborativas – con usuarios de nube R. Podes compartir unha carpeta con outros usuarios e dar permisos de lectura, lectura e escritura ou lectura, escritura ou compartición. Esta compartición só se permite con usuarios de nube R por motivos de seguridade da información.

      – Ten algún xeito de ver todo lo que estás compartindo sen ter que ir arquivo a arquivo, ou carpeta a carpeta?
      Si, esta é a conta dun usuario que accede pola web. En links compartidos ti podes consultar que links tes xenerados e modificalos, eliminalos,… e como podes ver na primeira imaxe, as carpetas que non tes compartidas teñen a apariencia de carpeta amarela, as que tes compartidas son as que teñen os debuxos. As que teñen un vermello e outro azul son os que ti coma propietario da carpeta compartes con outros e os dous son azuis son as que alguén comparte contigo (ti non eres propietario/administrador da carpeta).

      – Que opcións coma visor ofrece a App respecto aos aquivos subidos?
      A través da app de android podes previsualizar as fotos e os pdfs e documentos de office, por exemplo, faise con visor que teñas por defecto no móbil.

      – Ao sincronizar carpetas, se borraches un arquivo do PC, o borra da nube, ou o mantén ata que o borres da nube? ¿Pode configurarse?
      Cando instalas a app de nube R no pc créase unha carpeta nube R onde ti podes mover toda a túa información máis importante e ordenala coma consideres. Se borras un arquivo ou carpeta podes recuperalo en arquivos borrados a través da web durante 30 días.
      Se modificas algún documento que tes en nube R e precisas recuperar a versión anterior podes recuperar ata 30 versións de cada documento. Facendo clic no arquivo ábrese un panel (coma o do link) no que podes seleccionar “ver versións”.

      – A App Android, está en galego ou en castelán? En Google Play só se ve castelán nas capturas.
      Está nos dous, depende do idioma no que teñas o teléfono.

      – Existe a posibilidade de sincronizar varios terminais ca mesma nube ou cartafol da nube?
      Nube R é un servizo para usuarios individuais, se precisas máis usuarios temos unha versión que chamamos nube R profesional con 3 usuarios.
      Pero como usuario entendemos que podes ter varios dispositivos, así que si, podes sincronizar 3 dispositivos móbiles (móbil ou tablet…) e dous pcs.
      A apariencia e coma na primeira imaxe, os dous primeiros iconos son dous dispositivos e dentro de cada un deles hai unha carpeta “camera” co backup das fotos de cada un e un arquivo “os meus contactos” co backup de contactos de cada un e ademáis o que o usuario queira incluir dentro do dispositivo. Así ordenamos o backup de fotos e contactos, pero ti tanto desde o móbil, tablet ou pc podes subir á carpeta que queiras os teus documentos e crear as carpetas que consideres.

      – Hai aplicación para PC, ou ése fai todo vía interfaz web?
      Hai app para PC que é coma traballar con unha carpeta máis do PC e tamén sempre podes acceder á túa conta a través da web: https://nube.mundo-r.com/gl/

      – Que medidas de seguridade ofrece R para evitar que una incidencia poida levar por diante os arquivos subidos?
      Dos arquivos que subes a nube R faise réplica automática en varios centros de datos o que garantiza unha dispoñibilidade do 99,9999%

      Pásoche información da nube R multidispositivo. http://bit.ly/1KS4QqI

      Un saúdo!

      • Víctor di:

        Boas tardes.

        Moitas grazas por ámbalas dúas respostas, e polo tempo empregado nelas.

        Eu teño que contratar un servizo na nube para o meu consumo doméstico, con certa urxencia, e coido que -quizais- non poderei esperar algunhas cousas que ides implementar. Nembargantes, por se serve de algo, gustaríame porvos algúns detalles -defectos ou carencias- que atopa o consumidor medio ao facer unha análise do mercado neses servizos tan eloxiados e que algúns consumidores nomean por aquí. Cousas que a xente busca, agarda, ou non atopa nesas grandes contornas, e que poden engadir un valor diferencial á vosa proposta.

        – Interfaz. Todo claro e sen dúbidas nin duplicidades. Feito para que CALQUERA o manexe dende o primeiro día. Deberíase ter en conta que o perfil de coñecemento -ou hábito cotiá de uso de trebellos- dos servizos na nube baixa considerablemente a medida que se extende o seu uso no mercado. Lonxe de ser algo secundario, deberíase facer un maior esforzo neste plantexamento.
        Seccións claras, as menos posibles, tentando evitar palabras en inglés ou termos informáticos, e que na súa disposición vertebren as accións de maior uso que o usuario medio pode levar a cabo nun servizo desta natureza. E ordeadas a xeito. Agora tedes Arquivos, Apps, Convites, Links compartidos… A orde é fundamental para que o usuario saiba o que está facendo e one. Sorprenderiádesvos dos líos que se monta un usuario medio, por exemplo, co Google co Drive + Photos. E non é complicado precisamente.
        – Configurabilidade. Se colles Google Drive ou One Drive, por nomear dúas opcións ben coñecidas, e as máis baratas hoxe, non ofrecen todas as posibilidades de configuración que poderían ser desexables. A xente ten que poder configurar de xeito secuencial e sinxelamente cando quere que algo se sincronice, dende qué carpetas, onde quere que aparezan na nube eses cartafoles ou arquivos; una secuencia de decisións que da a impresión de que tes todo ordeado e á man. Algo que normalmente nunca deixan configurar, e do que mesmo nin squera se informa a xeito, é o borrado de arquivos. Por exemplo: quero liberar espazo no meu terminal, pero que ao borrar arquivos non se borren na nube. Pero pode haber quen queira todo sincronizado de tal xeito que estea todo igual en tódolos sitios. E dende o ordeador ocorre o mesmo. (As sorpresas que levan os usuarios de Google Photos cando descubren que ao borrar unha na aplicación se lles borra tamén no dispositivo…….). Ou poder escoller con total liberdade que carpetas queres que se sincronicen automaticamente no teu terminal ou equipo de sobremesa. Eu non quero ter que engadir unha carpeta ou arquivo a unha sección de Google, R ou Microsoft no meu equipo: quero que sexa a aplicación a que vaia a coller os arquivos ás carpetas que xa teño, despois de que as seleccionara.
        – Estética: anque aínda algúns non se deron conta, a estética é unha das cousas que máis se valoran cando un manexa fotos e videos a cotío. ¿Sabes que cara pode por o familiar dun consumidor, e corresponsable das súas facturas…, cando ve a macarrónica aplicación para PC de Google Drive? A única “amosable” nas grandes do mercado é a de Onedrive para Windows 8.1. Pero esa falla en funcionalidades. Aínda así, para xente non profesional é moi cómodo usar interfaces coidadas na súa estética, e que resulten cómodas de utilizar, sobre todo tendo en conta que a maioría dos usuarios domésticos utilizan a nube con vídeos e fotos. Ou o que é o mesmo: ver, e ver.
        – Plans de prezos. Agora mesmo as alternativas con máis eloxios, non son viables para o perfil medio de consumidor de servizos en R. Dropbox, porque con 9.99€ mensuais por 100GB está fora de mercado, e Mega, pola incertidume que a rodea. Google e Microsoft ofrecen 100GB por 1.99€ mensuais. Sería interesante estudiar os nichos de mercado en canto a capacidades. Un exemplo: eu necesito 200GB, e a única que os ofrece sen irmos a 1TB -e prezos coma os de Dropbox- é Microsoft, con 3.99€ mensuais. Agora mesmo é obrigatoriamente a única alternativa que teño, por desgraza. Pero quen necesite 500 GB, ou 50GB, pode ter o mesmo problema. Os plans de prezos e capacidades son demasiado ríxidos, e parecidos de máis.
        – Propiedade dos documentos subidos. Sempre é un tema polémico, por aquela cláusula mediante a cal, ou ben explicitamente nas condicións de contratación na nube, ou ben pola política xeral de protección de datos e privacidade á que fan referencia, tódalas empresas deixan sutilmente aberta a posibilidade de tratar cos datos inherentes ás túas subidas, e/ou mesmo cas imaxes subidas, e outros elementos do servizo. Todo, por suposto, para mellorar os produtos que proporcionan. (…). Un posicionamento claro e rotundo de R a este respecto que evite a incertidume que xeran algunhas cousas neste senso axudaría a achegar moito máis este tipo de produtos ao consumidor medio.
        Alégrome de que teñades esa desexada sección na que se pode ver todo o que estás compartido, porque a xente ás veces comparte cousas ¡durante anos! Sen sabelo.
        E para acabar: ¿por que darlle o mesmo prezo a un cliente que só ten unha líña de móbil fronte a un cliente que ten varias, o fixo, internet na casa, TV, e que paga un bo diñeiro mensual xa a R? ¿por que non separa a nube nun tramo de valor aos produtos xa existentes, e outro de negocio neto?
        Suxerencia final: un pequeno espazo gratuito na nube de R para que os xa clientes poidan probar as súas aplicacións e funcionalidades. A xente contrata almacenamento en base a tendencias ou probas. As tendencias seguen experiencias anteriores, e outras probas. E de momento non permitides probar.
        Gústame R. Puxen este mínimo desenrolo porque é o que me gustaría atopar coma cliente. E o que lle recomendaría aos meus compañeiros. E, anque creo que sodes moi bos nos desenrolos, ás veces cecais lle falta un certo pulo ás ideas. Algo determinante nunha contorna tan dinámica coma esta.

        Un saúdo,
        Víctor.

    • quecheparece quecheparece di:

      Víctor, aquí respondo á segunda parte do teu comentario.

      Non sabemos ben o motivo polo que o teu televisor espera para cambiar automaticamente ao input de HDMI. Podes probar a desenchufar o desco sen ir a standby, é decir, mentras ves na pantalla algunha canle do descoR. Deste xeito, en vez de arrancar coa hora, arrancarás directamente coa canle sintonizada e quizais deste xeito a TV si detecte sinal.

      No tema do rebobina no TWD dependemos da canle, xa que foi a que nos mandou os capítulos, así que están tal cal os mandaron.

      Noutras series, por un problema hai varias semanas, perdéronse contidos. Se non se emiten de novo, non teríamos opción de volvelos incorporar ao rebobina 🙁

      En canto ás outras suxestións, pásollas aos desenvolvedores.

      Un saúdo!

  5. fer di:

    tendo en conta que outras empresas dan xa este servicio con iguais ou incluso superiores caracteristicas de balde en que cachola cabe pagar un euro por algo que xa teño gratis

    • quecheparece quecheparece di:

      Ola, Fer.

      A nós, como indicaba arriba, non nos sae gratis o servizo e non mercadeamos nin con publicidade nin cos datos dos clientes para facer negocio. Loxicamente a nosa é unha opción máis, pero o cliente pode seleccionar no mercado entre aquelas que existen e escoller a que máis se adapte ás súas necesidades. No noso caso, dende logo, gratis non o podemos ofrecer porque perderíamos cartos.

      Un saúdo.

  6. Javiw di:

    Muy bonito y muy práctico, pero este servicio, lo ofrecen ya muchísimas compañías, Google, Mega…
    Y gratis!
    No veo yo ninguna ventaja.

    • quecheparece quecheparece di:

      Javiw, perfecto, se puede escoger el servicio con cualquiera de ellas. Nosotros no tenemos un modelo de negocio basado en la publicidad ni en el manejo de los datos de los clientes. Si se desea esa opción, sin soporte técnico, sin un teléfono al que llamar si hay algún problema y demás, está claro que son los servicios que buscas.

      Un saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*