menú
novedades en el blog

Temos novidades no blog

16/03/2016
Blog R

Seguro que algún notou que algo cambiou no noso blog esta semana. E está no certo, incorporamos botóns para compartir en redes sociais, subscripción aos nosos boletíns de noticias e contidos de interese para as empresas. Sempre tentando mellorar para que non botedes nada en falta.

Compartir é vivir, xa o di o refrán. E é verdade que viamos que che resultaría moito máis cómodo ter unha maneira máis directa de compartir os posts que máis che gustan. Así que agora verás na barra lateral botóns sociais de Facebook, Twitter ou Linkedin. Xa non tes escusa para contarlle aos teus amigos que con R teñen wifi gratis na rúa con wificlientes R ou que hai un móbil novo, moi chulo en promoción. Corre a voz .

novedades en el blog social

Outro aspecto que nos parecía necesario era manterche informado de forma periódica de todas as novidades que che contamos no blog, para que non teñas que entrar aquí día si e día tamén para ver as nosas novidades mellor velas. Así que para estar ao tanto de todo o que se coce en R, podes recibir un boletín no teu correo cun resumo mensual dos servizos de R, un semanal coas estreas de televisión e rebobina (un básico para as fins de semana de manta e sofá ), e un terceiro con contidos de interese para as empresas e negocios.

Só tes que subscribirte na caixiña que atoparás ao final de cada post, moi fácil.

novedades en el blog subscripción

E a terceira novidade que queriamos contarche hoxe é a incorporación dos posts de empresas no blog. Así que xa estamos todos. Parecíanos moito máis cómodo ter no mesmo portal os contidos do blog de empresas. Aquí atoparás consellos para emprendedores, ferramentas útiles para negocios, apps interesantes, etc. Non dubides en botarlle unha ollada.

novedades en el blog empresas

Esperamos que che gusten todas estas melloras. E non dubides en suxerirnos máis cousas, que estaremos encantados de incorporalas.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. Adolfo di:

    Parece estupendo.Ahora enterareime más a menudo das novedades.