menú

Convosco, unha nova etapa

30/11/2015
Blog R

Seica é o momento de vos contar as nosas sensacións, dende dentro, sobre unha etapa diferente que decontado principiamos con novos compañeir@s de viaxe. O certo é que seguimos adiante nesta “xa-non-tan-curta” andaina de R; onde vai aquel 2000 no que comezamos na procura de mellorar un pouco Galicia -dentro das nosas posibilidades- desenvolvendo novas infraestruturas e tentando xerar máis competencia para que sempre houbese, polo menos, a posibilidade de elixir…

Pero queremos facelo -imposible doutra maneira- contando convosco. De feito, R nunca tería chegado ata aquí sen a aposta que fixestes por nós, algúns mesmo hai máis dunha década, cando aínda ata pagabamos en pesetas. Todos os que dun ou doutro xeito tivemos a sorte de participar neste proxecto, que xa é tamén voso, estámosvos eternamente agradecidos. Por iso, que menos que contarvos de primeira man como estamos a afrontar este novo capítulo da historia de R.

Nos últimos meses si é certo que andivemos un pouco menos centrados; e pedímosvos desculpas de antemán se cometimos máis erros dos habituais ou estivemos algo parados. Os cambios sempre asustan e atenazan, coma mínimo, nos primeiros intres. Pero cremos que esa primeira fase xa está a pasar.

O tema é que imos traballar, de agora en adiante, con colegas do norte (coma nós), comprometidos coa súa terra (coma nós), e que forman o equipo dunha marca vinculada á súa xente dende o ano 2000 (coma nós tamén). Temos moito en común con Euskaltel; dende logo que nos unen moitas máis cousas das que nos separan ao operador éuscaro de cable, que vén de apostar ao 100 por cento polo noso proxecto e modelo de negocio, que é xemelgo do seu. É unha maridaxe case… natural e vainos permitir facer máis cousas e máis rápido. Seguiremos a ser, claramente, un David fronte a Goliat, pero abofé que é xusto ese espírito o que nos diferenciou antes e nos diferencia agora.

Para nós todo isto é un reto que intentaremos superar con nota, coidándovos moito e mantendo, ou mellor aínda, superando o nivel de calidade de servizo e de proximidade que sempre foi a razón de existir de R. E de verdade, cremos que iso non vai cambiar, como tampouco a marca ou a posibilidade de facer moitas cousas dende Galicia e para ela. Porque seguiremos aquí, ao voso carón. Ao mellor temos que repartirnos algo máis para sermos máis eficaces e que vós o notedes a mellor; pero a idea é crecer xuntos, en Euskadi e en Galicia.

Asemade, nada do que xa se fixo nin do que imos facer sería posible sen un verdadeiro e sentido espírito de equipo, tanto en Euskaltel coma en R, ese que do mesmo xeito se transmite nas empresas e nos profesionais que traballan connosco dende sempre. Se non é así é que estamos a facer algo mal e cómpre cambialo. Non deixedes de nolo dicir.

Intentaremos facer as cousas coa mesma humildade e honestidade de sempre, sen esquecer a ambición por mellorar e por ter os nosos clientes ben satisfeitos co servizo e a atención que lles damos. Non perderemos o tempo noutra cousa, podedes estar seguros.

E para rematar, vaia por diante unha vez máis o noso agradecemento por todo o que xa nos levades dado, pola vosa confianza en nós e por estar aí tantas veces, nos bos e nos malos momentos. En suma, grazas a todos, de corazón, por ser como sodes e por apoiarnos. Convosco comezamos, arestora, esta nova etapa.

Tedes o fío de comunicación aberto. Aquí seguimos 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

34 comentarios

  1. paco di:

    Pues ya podéis empezar a dar servicio de fútbol, 4G, grabador de video en el desco, mejores tarifas móvil, más canales de tv.

    Ahora no hay excusa. Sois más grandes. Pues a chollar!!

  2. Miguel di:

    Desexo que todo vos vaia moy ben e se a alianza con euskatel algun dia pode traer baixada de prezos ou melloras mantendo precios ben vida sexa, ainda levo pouco tempo con vosco pois veño doutras operadoras digo outras porque pasei por varias e teño que decir que cousas boas que xa tendes bos os outros non as teñen…como pode ser a chamadas gratis entre a misma conta…que eu valoro moito….de momento o combo vaime xenial….cando vaia mal tamen o direi.Saudos.

  3. Maria belen di:

    Boa sorte nesta nova etapa q ides empezar……e non vos olvidedes de nos, recordade q nos compramos os productos pra q vos medredes. Merecemos unhos mimos de vez en cando……moita sorte.

    • Graciñas, María Belén.

      Así é. Como ben dis, ao final vós sodes o importante, porque se non temos a vosa confianza, se non temos clientes que nos contraten os servizos, este proxecto non tería sentido nin razón de ser. A ver se onde ían saír os nosos soldos ¿?¿?

      Non sei se tes TV de pagamento. Dígoo porque este mes precisamente temos un detalle cremos que moi interesante para os que tedes este servizo contratado.

      Un saúdo.

  4. Fran di:

    Dacordo, moi bonito todo, pero este ano dous subidas, prezos fora da realidade sen mobil e unha humildade que mostrades nesta noticia que se notou en falta durante todo este ano; se nos queredes conservar xa podedes empatizar mais connosco e asumir dunha vez que competencia non é só presumir de calidade se non ter uns prezos axustados, cousa que agora é imposible. 20 megas (ata mañá claro) sen mobil ( xa sei moito rebobina etc etc), resumindo, 20 megas 56 euros. Sen palabras. Mais preocupación tamén pola economia do cliente porque se seguides na mesma liña desde logo que non vos poderemos manter.

    • Ola, Fran.

      O tema dos prezos xa o comentamos aquí noutro post. Non é algo que nos guste e que sabemos que causa moito malestar e desgustos. Agora, ou era iso ou era non investir e que a calidade no servizo baixara. Os nosos piares sempre se basearon na calidade e na atención ao cliente e queremos que é fundamental para manter a nosa identidade como marca. Poderíamos non tocar prezos a costa de non gastar cartos en rede ou de aforrar na atención, pero cremos que ao final iso nos prexudicaría, que se nos botaría en cara que o servizo xa non é o que era.

      En canto ao tema da humildade, pídoche desculpas se non a amosamos. Iso debe ser o fundamental. Eu precisamente veño dunha familia humilde, dunha casa na que non tiñamos moitos recursos, pero onde meus pais sempre se esforzaron por darmo todo. E así vexo eu aos nosos clientes, como a nosa referencia, os que nos manteñen, os que nos dan todo e nos axudan sempre. Iso non quita, como digo, que ás veces haxa que tomar decisións que non gustan, pero que son necesarias.

      Sobre o tema do combo 20 series, lembra que polo mesmo prezo (56€), podes engadirlle dúas liñas de móbilR coa tarifa 1, que contas con 500MB en cada unha, datos ilimitados na rede wificlientesR e chamadas ilimitadas aos teus números da conta.

      Un saúdo e grazas por comentar, Fran.

  5. Gilberto di:

    Espero que consigáis el Fútbol porque sino en mi caso esta unión no habrá servido para nada. Gracias.

  6. Jorge di:

    Se vos deixárades de lerias e en troques de mudar de donos arreglásedes os erros constantes da rede… O outro día, a miña cidade enteira ficou sen rede, nen datos nen chamadas. Os cortes de DNS co WIFI son constantes. As tarifas do móvil caras. E por riba, teño contratado un servicio de TELE R que non funciona. (e xa viñeron moitas veces os técnicos a casa, pero é que o voso deco non funciona no meu modelo de LG)

    E a pagar por algo que… será galego, si, pero sigueche sendo a mesma merda de sempre…!

    • Ola, Jorge.

      Ante todo, sinto as molestias e os problemas no teu caso.

      No caso da incidencia do día 24 xa comentamos que foi algo ao que nos enfrontamos por primeira vez. Foi un ataque á nosa rede, algo imposible de prever e que causou moito dano, tanto aos nosos clientes como á nosa imaxe. Houbera ou non cambio de accionistas foi unha situación excepcional e ningún operador está libre de algo así. En todo caso, pola nosa banda tomamos as medidas oportunas para que non se repita, porque é algo moi grave.

      En canto ao tema de DNS a verdade é que algo que descoñezo. Si sei que o wifi dá moitos quebradeiros de cabeza, porque é algo do que todos tiramos, pero que cada vez ten máis saturación precisamente porque cada vez hai máis aparellos que van por esa frecuencia, que é moi reducida. É un tema a nivel mundial, non só de R.

      http://www.adslzone.net/article8853-el-wifi-al-limite-de-su-capacidad-por-la-saturacion-de-redes.html

      Sobre o tema do televisor, non sei se che demos a opción de ter ese combo sen televisión, xa que non o podes desfrutar. Temos máis de 100.000 descos de televisión instalados e funcionando, pero iso non quita que poida existir algunha incompatibilidade nun modelo concreto. Pero se iso é así, o normal é mirar o teu caso concreto. Se non foi así, pásame os datos do titular a quecheparece@mundo-r.net e míroo.

      Lembra tamén que esta é unha canle aberta, na que nos gusta que sexades sinceros e ter o voso feedback, pero onde non é preciso empregar determinadas expresións. A idea é manter un bo ambiente, un ton de diálogo e de intercambio de opinións, pero sempre mantendo as formas, porque senón perdería precisamente o bo que ten este blog, que é un lugar no que reina a educación, o respecto e te sentes a gusto para expresarte e falar.

      Un saúdo e graciñas por comentar.

  7. Xesús di:

    Son palabras moi fermosas e incluso estou dacordo nalgunhas. O que me parece unha vergoña é a nova suba de prezos. Eu levo dende marzo, despois de fuxir doutras compañías nacionais. Pois dende esa fecha subironme 2 € cada liña de móvil (polo menos deronme 500mb de datos máis, os cales non necesitaba) e tamén subironme outros 2 € o como de teléfono fixo e a tv (aquí xa nin me destedes nada máis a cambio). E agora 1 € máis por outra liña de móvil básica que teño para o meu fillo. E 1 € máis no combo. Por qué? Porque si. Porque “levamos moitos anos sen subir os prezos”. Pero eu en 6 meses xa van 4 subidas de prezo con respeto ao contrato que firmei. Solución que me dades. ….”podo darme de baixa se non estou dacordo”. Ao “carallo” e vos quedades tan anchos. O que está claro é que ao final sodes todos iguais. Así que non nos vendades que sempre estades a mirar por nos porque é mentira. Non vos importan os clientes se non o voso negocio. En fin un cliente descontento son 10 clientes menos, sabedelo verdade?
    Xa sei que isto non vai servir de nada, igual que o mogollón de reclamacións que vos puxen cando a outra suba pero dereito ao pataleo e a dicir o que penso non mo quita ninguén.

    • Ola, Xesús.

      O que intentamos é buscar un equilibrio. Somos unha empresa e sen clientes non somos ninguén. Pero tamén temos unha obriga moral: ser rendibles para poder manter os postos de traballo, para poder investir, para poder seguir contando con provedores galegos…

      Como xa indiquei nalgún outro comentario, sabemos que tocar os prezos é algo que non gusta nada, a nós os primeiros, porque causa malestar, enfados e baixas. Pero niso hai que ser consecuentes e se ao final é preciso, se os números din que é preciso subir tarifas, comunicámolo e debemos aplicalo. Oxalá puidéramos seguir igual sen tocar prezos, oxalá non tivésemos que ampliar infraestruturas ou mellorar a rede, ou non subisen os nosos custos. Pero a realidade é ben distinta, e cremos que tamén é bo que os empregados actualicen os seus salarios, porque ao final os de abaixo sempre son os que máis sofren que unha empresa non gaste para non subir prezos. E a calidade do servizo tamén se ve afectada. Non é algo que queremos, pero xa digo que era necesario 🙁

      Un saúdo.

  8. Juan di:

    ¿para cuando la grabacion en el Desco? Prgeunta facil y espero una respuesta facil. No me vale lo de “estamos trabajando en ello”

  9. Ramon di:

    Unha cousiña, teño o paquete familiar e quero ver AMC, pero teño que subir o paquete mais grande. E agora digo eu”porque carallo non esta no paquete de series” seguro que coma eu ai moitos que pensan coma eu. Agora que como cando empeze a nova temporada de The fear walking dead non entre no paquete familiar…. Un cliente menos

    • Ola, Ramón.

      A canle non está en TV series porque nesa opción están a FOX, AXN, TNT, Calle 13 e Cosmo. Recibe ese nome como podería recibir o nome de “paquete TV básico”, xa que é o máis barato. E, loxicamente, por ese prezo non podemos ofrecer ofrecer moito máis. De feito, xa van as que máis audiencia teñen. O nome é para resumir un pouco o tipo de contidos que ten, pero non é que conte con todas as canles de series.

      Por outra banda, AMC estaba en TV total e este ano incorpouse a TV familia como detalle. A idea é que o ano que vén xa se quede en TV familia. Polos contidos que ten é unha canle cara, xa digo que hai uns meses estaba en TV total, e agora formará parte de TV familia.

      Un saúdo.

  10. Paulo di:

    Son fillo dun cliente voso (que lle levo todo o de internet por se lle facedes algo ó meu pai). Moita fibra, moito carallo, se te sales so uns poucos metros da casa e xa non hai wifi no móvil, en cambio en cando estaba en murcia con vodafone que tiña adsl turbo estando a 100-150 metros collia unha sóa barra de cobertura do wifi, pero collíaa, asi que non digades que é pola calidade do servizo. Eu cos 20mg de cobertura de fibra non noto diferenza cos 35 de adsl. Asique insisto non é pola calidade senón polos cartos que os vosos xefes que queren gañar a nósa costa. Tedes sorte de que non cheguen máis fibra doutras compañías e que meus pais encantalles ter 250min de chamadas a móviles, que se non xa lles houbera cambiado. O dito tedes que cambiar moito senon queredes que se vos vaia moita xente como lles pasou no seu momento a movistar. Un saúdo.

    • Ola, Paulo.

      O wifi vai por un espectro libre que usan moitos aparellos: microondas, lámpadas halóxenas, ratos e teclados inalámbricos…

      É un especto que ten moi pouco espazo, e que ao usaren moitos aparellos vai sufrir máis interferencias canto maior demanda haxa na zona. Así, non é o mesmo unha zona que teña unha ou dúas redes wifi na contorna que outra rede que teña 20 (como tivemos casos). Se non hai saturación nin interferencias, a cobertura chega máis lonxe. Se hai moitas redes, unhas pelexan coas outras e a cobertura empeora. É un tema do propio wifi. Por iso nós garantimos mínimo un 80% da velocidade conectado por cable, pero por wifi non. Como tampouco ningún outro operador o garante nin o pode garantir.

      En canto aos cartos, sempre publicamos os resultados e ben se ve que non é que gañemos moito. Ao contrario, adoitamos investir moito en Galicia (58 millóns de euros este ano) e chegar a máis xente, porque non todo van ser as cidades.

      Un saúdo.

  11. Paulo di:

    Ademáis euskaltel ten prezos máis baixos e con máis servizos.

  12. Luis di:

    Después de más de 10 años creo que he decidido darme de baja en R-Euskaltel, pero antes de despedirme quería agradecer su excelente atención prestada hasta el año 2014 y también resolver una duda.
    Yo he contratado internet y por fuerza me han obligado a guardar en mi casa un receptor de TV que ni necesito, ni quiero. Lo he probado una vez y va tan lento que entiendo esto como una invitación a resolver el contrato por parte de la empresa (esto le ha ocurrido también a otra gente que conozco, no parece un problema concreto de un usuario).
    La duda es, ¿me van a devolver todo el dinero cobrado por un servicio (TV) que no he solicitado y que no me ha sido suministrado con una calidad aceptable?
    ¿Cuánto me van a pagar por probar su receptor?
    También es verdad que me da pereza cambiar de operador, pero aquí tengo que agradecer sinceramente a R que varias veces al día me anima a mirar por mi interés, mi dinero y mi tiempo cada vez que veo durante minutos, y minutos, y minutos en el ordenador que “wifimedia-r está arrancando”.
    Le agradezco también a R que me envíen correos electrónicos diciendo que a otros usuarios les regalan datos para compensar la caída de servicio de cierto sábado. Estoy seguro de que llegará un maravilloso día en el que también serán compensados los clientes que ese fatídico sábado no pudieron acceder a internet desde su oficina o su casa.
    Agradezco que sean ustedes siempre tan amables.
    Muchísimas gracias por su atención.

    • Hola, Luis.

      De verdad que nos dolería perder un cliente que lleva una década con nosotros. Alguien como tú es una suerte y un privilegio tenerlo.

      El tema de la televisión la integramos en nuestra oferta más reciente, porque se va a una oferta más empaquetizada, donde la televisión también es fundamental. Sabemos que una queja recurrente es la lentitud y estamos ya desarrollando un software nuevo que mejora ese tema.

      En todo caso, pásame los datos del titular a quecheparece@mundo-r.net para mirar tu caso, porque lo mínimo por nuestra parte es mirarlo y analizarlo. Si lo estamos haciendo mal es justo lo que indiques públicamente, pero también nos gustaría verlo con cariño.

      Un saludo y muchas gracias.

  13. Alex di:

    No sé si es cuestión de nueva etapa o vieja etapa pero yo tengo desde hace años Internet R + Movil R Mini. Pagaba a principios de 2015 38+7+un par de euros de llamadas=47€

    En julio me obligaron a pasarme a la tarifa plana 12 porque descatalogaban la tarifa mini y porque literalmente por el comercial de R “era un lio tener tantas tarifas”. Así que me joden y me hacen pagar más para ahorrarse su lio.

    Ahora leo que van a subir Internet R a 41€ desde los 38€ que pagaba.

    Resumen. A principio de año me llegaban facturas de 47€ y, un año después, me llegarán como mínimo 53€. No está mal la subida de 6€ sin hacer yo ningún cambio.

    • Hola, Álex.

      En tu tarifa plana 12 ahora tienes 150 minutos de llamadas a móviles, que no se incluían en la tarifa mini anterior.

      Por otro lado, es cierto que mantener una cartera de productos desde hace años es inviable, porque a nivel de sistemas supone tener muchísimos productos, revisar la facturación, ver que no haya errores… Realmente para ser eficientes hay que buscar un buen equilibrio con los servicios que tienes, porque cuanto más abarques, más problemas van a existir. Para un cliente es más cómodo, pero realmente es muy complejo, como digo.

      Un saludo.

  14. Manuel Nuez di:

    Esperemos que la unión traiga la fuerza de nuevos servicios y mejoremos la recepción en el rural.
    Como un comercial: Cliente desde 1999.

  15. Javier di:

    Muchas cosas estáis haciendo bien pero no dejéis de mirar la competencia en línea móvil…20 Gb 29 € con llamadas ilimitadas…para cuando nosotros?. Si no como mínimo subir velocidades no estaría mal

  16. Marcos di:

    Quero saber e sin ambiguedades o 4 G cando, por que cada vez teño menos cobertura na casa e fora dela outros familiares con vodafone e movistar no e que teñan millor pasamen por todos
    os lados e non e do movil por que cambio de tarxeta e outro mundo.

    • Ola, Marcos.

      Como xa dixemos por aquí, o 4G terémolo este novo ano que entra. Non hai unha data concreta para o lanzamento, pero é no 2016 cando o imos ter.

      Sobre o tema da cobertura, imos pola rede de Vodafone, así que é a mesma ca eles. De feito, contratamos a unha empresa para que fixera unha comparativa con móviles nosos e deles e a cobertura é exactamente a mesma. Non hai ningún tipo de diferenza.

      Un saúdo.