menú

monólogos R en Ribadeo

17/04/2017
Blog R

Empezan os monólogos R en Ribadeo onde humoristas da terra faránche rir a esgalla e pasar un bo rato.

Anímaste?

28 de abril

A xira de mónólogos R percorrerá diferentes localidades galegas. Pero desta volta comezamos no noroeste da nosa comunidade, en Ribadeo.

Alí, o venres 28 de abril terás hora e media de risas aseguradas grazas ao espectáculo que preparamos con todo o cariño.

Grandes monologuistas

Como mestre de cerimonias contaremos co coñecido Sergio Pazos. De seguro que todos lembramos ao ourensán en Pratos combinados ou en Caiga quien caiga. Pero ademais é un monologuista de excepción e un gran presentador, como ben poderás comprobar.

Xunto a el, o espectáculo gravitará arredor dos xeniais Pepo Suevos e David Perdomo.

Convites

Por seres cliente de R podes coller a túa entrada dobre de xeito gratuíto.

Só tes que achegarte a partir do 18 co teu DNI á tenda R de Ribadeo, na rúa Galicia, 28.

Dáte présa, xa que as entradas son limitadas e gratuítas. Do 18 ao 20 ti tes preferencia, pero a partir do 21 de abril, se non se solicitaron, calquera as pode pedir.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios