menú
monologos

monólogos R en Lalín

21/04/2017
Blog R

Agora tócalle ao turno a Lalín, ons monólogos R chegan ao centro de Galicia para facerche rir.

Humoristas dos nosos, dos que che gustan, van facer que pases un bo rato.

7 de maio

A xira de mónólogos R percorrerá diferentes localidades galegas. E unha delas será precisamente Lalín.

Alí, o domingo 7 de maio terás hora e media de risas aseguradas grazas ao espectáculo que preparamos con todo o cariño.

Grandes monologuistas

Como mestre de cerimonias contaremos co coñecido Sergio Pazos. De seguro que todos lembramos ao ourensán en Pratos combinados ou en Caiga quien caiga. Pero ademais é un monologuista de excepción e un gran presentador, como ben poderás comprobar.

Xunto a el, o espectáculo gravitará arredor dos xeniais Pepo Suevos e Víctor Grande.

Convites

Por seres cliente de R podes coller a túa entrada dobre de xeito gratuíto.

Só tes que achegarte a partir do 22 co teu DNI á tenda R de Lalín, na rúa Luis González Taboada, 46.

Dáte présa, xa que as entradas son limitadas e gratuítas. Do 22 ao 28 ti tes preferencia, pero a partir do 21 de abril, se non se solicitaron, calquera as pode pedir.

Etiquetas: ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios