menú
monologos

monólogos R en Cee

20/04/2017
Blog R

E de Ribadeo os monólogos R vánse para Cee para facerche pasar un momento moi divertido.

Humoristas da terra farán que rías a esgalla e se che pase o tempo voando.

5 de maio

A xira de mónólogos R percorrerá diferentes localidades galegas. E unha delas será precisamente Cee.

Alí, o venres 5 de mayo terás hora e media de risas aseguradas grazas ao espectáculo que preparamos con todo o cariño.

Grandes monologuistas

Como mestre de cerimonias contaremos co coñecido Sergio Pazos. De seguro que todos lembramos ao ourensán en Pratos combinados ou en Caiga quien caiga. Pero ademais é un monologuista de excepción e un gran presentador, como ben poderás comprobar.

Xunto a el, o espectáculo gravitará arredor dos xeniais Pepo Suevos e Víctor Grande.

Convites

Por seres cliente de R podes coller a túa entrada dobre de xeito gratuíto.

Só tes que achegarte a partir do 21 co teu DNI á tenda R de Cee, na rúa Lino Rodríguez Madero, 9.

Dáte présa, xa que as entradas son limitadas e gratuítas. Do 21 ao 27 ti tes preferencia, pero a partir do 27 de abril, se non se solicitaron, calquera as pode pedir.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Rafael Manuel Fernández Alonso di:

    para cuando en Ourense?

  2. Pepe di:

    Pódese saber o lugar e data de tódolos monólogos?