menú
monologos

Datas e localidades dos monólogos R

18/04/2017
Blog R

Un ano máis, chegan os monólogos R.

E fano por todo o alto, con humoristas de aquí, galegos, que che van facer rir a esgalla.

O mellor do mellor

Como mestre de cerimonias contaremos co imitable, co único, co xenuíno e marabilloso Sergio Pazos.

E para os ocorrentes, simpáticos e desternillantes monólogos teremos a Víctor Grande, David Perdomo e Pepo Suevos.

Entradas gratis

Coma sempre, as entradas son gratis para os nosos clientes. Pódense reservar na tenda R da túa localidade e de momento estas son as datas que temos pechadas: 

  • Ribadeo: 28 de abril.
  • Cee: 5 de maio.
  • Lalín: 7 de maio.
  • O Carballiño: 14 de maio.
  • Boiro: 19 de maio.
  • Carballo: 26 de maio.

En canto teñamos o resto de datas e localidades confirmadas, actualizaremos por aquí a información.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 comentarios

  1. José Enrique di:

    Como conseguir 2 entradas pa Boiro?

  2. Vero di:

    Buenos días, me podrían decir dónde se realizará la actuación de Carballo del 26 de mayo?