menú

Melloramos o ping a LOL, entre outros

09/06/2016
Blog R

Ola. Hoxe en día seica non saberiamos vivir sen internet: é a nosa fonte de información, de coñecemento, de contacto cos nosos e co mundo, e tamén unha canle de ocio.

Nese sentido, un dos usos máis habituais entre os clientes máis novos son os xogos online. Non nos gusta botarlle unha partida á consola sen máis, senón conectarnos e retar a outros xogadores e ver quen é o mellor.

Nese punto, o ping ou lag é un valor fundamental para aqueles que xogan. Os gamers de seguro que saben de sobra de que se trata pero, en resumo, pero para os que non estean tan orientados, o ping é o tempo de resposta que existe entre que ti (por exemplo), lle dis ao teu xogador que lle dea unha patada a un balón, e o momento no que o fai. Se ao final ti contas cun bo ping e o teu contrincante non, tes unha vantaxe moi grande, xa que o teu xogador está a facer as cousas moito máis rápido que o outro.

O caso é que, precisamente pensando nos nosos clientes gamers, estivemos a traballar para reducir o lag a algún dos servidores de xogos máis usados. Como cales? Pois, por exemplo, aos de Riot Games, que son sobre todo coñecidos por League of Legends.

E como o facemos? Mellorando a interconexión cos seus servidores. De feito, non nos quedamos simplemente aí, senón que tamén melloramos a conexión coa infraestrutura doutros operadores e cos servidores doutras plataformas web, para que a túa conexión sexa rápida e a experiencia á hora de ver un vídeo, xogar ou conectarte cunha web no outro lado do mundo sexa óptima.

Nese sentido, se ves que nalgún caso o ping non é todo o bo que debería ou se cres que sería necesario reforzar a interconexión con algún xogo ou servidor que ten moito tráfico, só tes que facérnolo saber para analizalo. Mándanos un correo a quecheparece@mundo-r.net indicándonos de que servizo ou servidor se trata e, se pode ser, tamén cun tracert (a liña de comandos que determina a ruta dun paquete de datos para alcanzar o seu destino) á IP dese servidor para ver os valores que che está a dar.

Agardamos que che guste esta mellora porque sempre traballamos pensando nas túas demandas e nos servizos máis requiridos polos nosos clientes.

Un saúdo!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

39 comentarios

  1. Ivan di:

    ¡Iso son boas noticias!

    Como apunte: ¿seria posible ver unha lista de todos os servidores nos que se mellorou o ping?
    Asi poderiamos saber se e necesario mandarvos un correo para que analicedes unha conexion.

    Grazas.

  2. Taquito di:

    Y para cuando hacéis lo mismo con el Heroes of the Storm? Supongo que sabréis que el LoL ya no está de moda, esta desfasadísimo.

    [Spanish First Arthas 25hc]

  3. Toni di:

    Resulta que es Riot el que puso el servidor en Madrid y que no solo se beneficia R sino todos los ISP de España….

  4. anchonio di:

    ¿Riot os ha puesto un centro en españa y por eso ahora vais mejor y lo vendéis como mejora propia?

  5. Ricardo di:

    Pois a min gustaríame que melloraseis o ping con Wargaming, en concreto world of tanks.

  6. Marcos di:

    R, si vos dedicarades a arranxar os moitos problemas serios que tendes no dia a dia (o do 4G xa clama o ceo, as infraestructuras inexistentes fora das grandes poboacions, unas tarifas moviles competitivas, etc)
    Que pouco me queda, como cliente de R

    • Ola, Marcos.

      No tema do 4G xa comentamos que o comezaremos a ofrecer despois do verán. Ata o de agora non nos daban a opción de ofrecer ese servizo, co cal imos cambiar de provedor de rede para telo.

      En canto ás infraestruturas, temos presenza en 101 concellos de toda Galicia. Ofrecemos cobertura con conexións de máis de 100 megas en preto de 1 millón de vivendas e negocios de toda Galicia, algo que a día de hoxe non ten ningún dos grandes operadores de telecomunicacións internacionais que operan na nosa comunidade.

      Por outra banda, en canto ás tarifas móbiles, cremos que realmente son moi competitivas. Ademais, agora, coa tarifa R para as liñas adicionais tes a posibilidade de ter chamadas ilimitadas con 2GB ou 3GB por moi pouco. A iso hai que sumar wificlientesR, con máis de 90.000 puntos por toda Galicia para conectarte gratis.

      Un saúdo e graciñas.

      • Marcos di:

        Despois de veran. Eso soame a final de ano.

        En canto as infraestructuras a 5km de santiago e 3 de milladoiro, donde teño o meu domicilio non chega nin 1Mb. Como sempre o rural estamos o final de todas as prioridades.

        • Ola, Marcos.

          Despois do verán e a partir de finais de setembro 🙂

          Sobre a infraestrutura, non somos un operador que leva máis de 80 anos despregando rede por toda España nin unha multinacional que gane miles de millóns cada ano, como moitas contra as que competimos. Dito isto, levamos investidos máis de 1.100 millóns de euros en infraestruturas. O ano pasado, sen ir máis lonxe, 58 millóns de euros. Necesitaríamos outros mil millóns de euros máis para cubrir todo o que nos queda e, loxicamente, non temos eses cartos. Así que ano a ano imos ampliando e mellorando a cobertura. O problema de Galicia é precisamente que a dispersión e a orografía fan moi custoso despregar rede.

          Comentar tamén que estamos a traballar en alternativas para levar a banda ancha ao rural. De feito, moitos dos nosos clientes participaron no proxecto BATS, no que se combina ADSL, internet móbil e satélite para intentar ofrecer un mínimo de 30 megas.

          Un saúdo.

  7. Gonzalo di:

    Home, un dos varios motivos polos que marchei de R fai 5 anos estades comezando agora a meterlle man? Non ía sendo hora, pero imaxino que a competencia coa fibra -a de verdade- ten moito que ver niso.

    Noraboa aos que sigan en R, eles sí que merecen un premio.

  8. Aquilino di:

    Gustaríame que baixasedes o ping cos xogos da plataforma Battle.net (en World of Warcraft segue nos 50ms). Un saúdo.

  9. thedho di:

    Destiny para xbox one?
    Se puede hacer algo?

  10. Sergio di:

    En xogos de consolas, creo que sería mellor mellorar (na medida do posible) a conectividade cos servidores de Xbox Live e PlayStation Network que con determinados xogos en concreto.
    Todo para ou por Xbox Live ou por PSN, mellorar esta conectividade é crucial para os que xogamos en consola.

  11. Hector di:

    Aparte del LoL, que otro juego especifo habeis mejorado? Una lista completa estaría bien.

  12. jose di:

    Si quisierais mejorar las latencias en gaming podríais bajar 30-50ms las latencias fácilmente, y te lo digo yo que dentro de vuestra red he conseguido tener 30 ms menos con Telefonica, ya que vuestro peering con timofonica es inexistente, y para gaming tener peering con Telefónica es FUNDAMENTAL.

  13. Diego di:

    Menuda vergüenza, ¿decís que no os queréis atribuir el mérito? ¿Y esto qué?
    “Mejoramos el ping a algunos juegos”
    “El caso es que, precisamente pensando en nuestros clientes gamers, estuvimos trabajando para reducir el lag a alguno de los servidores de juegos más usados.”
    Se ha mejorado solo en un juego, y no ha sido gracias a vosotros, y nos mentís en la cara, aun encima, no decís lista de juegos para que pensemos que habéis mejorado otros cuando no es así…
    Harto de mentiras de este tipo por vuestra parte, llevo con vosotros desde que empezasteis, tengo varios contratos en distintos domicilios y una empresa y me estoy cansando mucho de que cada vez sea más caro y no haya mejoras relevantes, no creo ni que espere a la supuesta llegada del 4G…

    • Hola, Diego.

      Hemos mejorado desde R la interconexión con servidores que antes no existía. Es un mérito de R, no es nadie más.

      Alguien puede tener su servidor en España pero al hacer un peering directo con el, la experiencia mejora sensiblemente.

      Ponemos el tema del LOL porque es uno de los más conocidos, pero ya digo que se ha mejorado el ping a más servidores.

      En cuanto al 4G, como ya hemos indicado en más ocasiones, tenemos un acuerdo para poder contar con él por fin. A partir del verano iremos migrando a nuestros clientes de forma gradual a la nueva red.

      Un saludo.

  14. Diego di:

    Si se ha mejorado el ping a más servidores, indicad cuales, sino nadie se cree esto..

  15. Rafa di:

    O gears of war 4 anda entre os 50-65 ms ao server europeo. Habería opción de baixalo un pouquiño?

    Graciñas