menú

crea R en Viveiro: robótica

20/04/2017
Blog R

Ola.

Esta vez toca visitar aos nenos e nenas de Viveiro para que desfruten con crea R.

crea R é un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robótica

No caso de Viveiro, a actividade será o sábado 6 de mayo, cun taller de robótica.

Os cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son los horarios dos talleres en Viveiro:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R de Viveiro, na travesía da Marina, 45. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 982.581.030.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios