menú

Taller de crea R en Vilalba

14/03/2017
Blog R

Ola.

En R queremos premiar a túa fidelidade como cliente mimando precisamente os que máis queres.

É por iso que nace crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Audiovisual

No caso de Vilalba, a actividade será o sábado 25 de marzo, cun taller de Audiovisual.

Os nenos crearán un anuncio audiovisual para un produto concreto. A idea é que potencien a súa imaxinación e creatividade pensando usos fóra dos habituais, que expliquen para que serve, como se utiliza ou por que é necesario, que elaboren pequeno guión e graven un anuncio. Traballarán dese xeito en equipo, desenvolvendo a súa capacidade comunicativa e a súa oratoria, participando nunha experiencia divertida.

Horarios

Estes son los horarios dos talleres en Vilalba:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R de Vilalba, na rúa Alcalde Fraga Bello, 30-32. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 982511305.

Un saúdo.

Etiquetas: , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios